InicioMOV. SOCIAISO 28 de xuño segue a ser unha data moi importante

O 28 de xuño segue a ser unha data moi importante

O día Internacional do Orgullo LGBTIQ+ é imprescindible no escenario de odio que existe ante as persoas do colectivo

Publicado o

Por Marta Balado Simó

O venres 28 de xuño celébrase o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, unha data que conmemora a loita e a resistencia do colectivo ante a discriminación e a inxustiza. Ano tras ano, os membros do colectivo enchen as rúas de todo o mundo para alzar a voz e reivindicar uns dereitos que lles corresponden e que moitas veces se ven menosprezados ou privados. Unha xornada de visibilización, pero tamén de reflexión sobre os retos que quedan pendentes.

Galicia, como o resto de España e o mundo, é un escenario no que continuamente suceden crimes de odio contra o colectivo. Son miles as persoas que reciben agresións tanto verbais como físicas por razón da súa orientación sexual ou identidade de xénero.

Segundo o Informe da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuales, Intersexuales y más (FELGTBI+), publicado este ano, as persoas pertencentes ao colectivo LGTBIQ+ afirmaban ter sufrido 57.000 agresións físicas ou sexuais nos últimos 5 anos, mentres que os datos que rexistrou o Ministerio de Interior diminuían a 1.738 actos de odio no mesmo período. A diferenza tan destacable nas cifras amosa a dificultade de moitas das vítimas para denunciar e o medo que estas teñen a sufrir consecuencias ou incluso a ver como ninguén fai nada por elas.

As páxinas dos nosos xornais énchense de titulares sobre agresións homófobas, o que constata que é unha realidade moi preocupante. O día que eses titulares desaparezan será cando sexamos libres de verdade, cando poidamos saír á rúa sen medo de coller da man á nosa parella, sen medo de ir vestidos ou vestidas como nos gusta, sen medo de expresarnos libremente, sen medo de expresar o noso amor e, sobre todo, sen medo de ser nós mesmos e nós mesmas. O respecto e a liberdade aínda está por alcanzar, e por iso é fundamental seguir loitando.

Neste momento non existe esa liberdade, e por iso debemos seguir alzando a voz, acudindo ás mobilizacións e defendendo os nosos dereitos como sociedade e comunidade. O silencio só fai que todos aqueles que amosan o seu odio contra o colectivo teñan máis enerxía e se crean con máis dereito para menosprezar, agredir, insultar e ridiculizar. A forza da comunidade e a visibilidade son as ferramentas principais para combater ese odio.

Son múltiples as iniciativas que se crean arredor desta problemática e que cada día realizan actividades e esforzos por representar a toda a comunidade LGBTIQ+. En Compostela, existen moitas asociacións, entidades e persoas comprometidas que traballan para promover a igualdade e o respecto, organizando eventos, charlas e moitas máis actividades para o colectivo.

Este ano, se queres participar na celebración e nas reivindicacións polo día do orgullo, en Compostela terán lugar diferentes actividades por parte da iniciativa municipalCompostela diversa’. Para comezar, dende o día 27 ao 30 de xuño, levarase a cabo unha campaña de dinamización e visibilización tanto por parte dos concellos na vía publica como por parte dos comercios, bares, restaurantes e aloxamentos. Os lugares da vía pública que contarán con iluminación e decoración en conmemoración desta data serán: a Alameda, o Pazo de Raxoi, a Oficina Municipal de Turismo, a Praza Roxa, o Mercado de AbastosRúa das Ameas, Rúa doa Bautizados, a Rúa das Casas Reais e a Rúa da Raíña.

Por outra banda, o venres 28 terá lugar a lectura da Declaración Institucional 28X na Praza do Obradoiro ás 10 da mañá. Ademais, o sábado 29, de 7 da tarde a 12 da noite poderase desfrutar dun programa lúdico, artístico e poético moi completo na Praza de Mazarelos.

Por parte da organización Avante LGBT Compostela, o venres 28 a partir das 14 haberá unha foliada e micro aberto no parque de Belvís e unha manifestación que sairá dende a praza 8M ás 20 da tarde para reivindicar o día do orgullo.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here