InicioSANTIAGOAMESA piscina do Milladoiro continúa pechada por reparacións tras o desprendemento do...

A piscina do Milladoiro continúa pechada por reparacións tras o desprendemento do liner

O Concello de Ames prevé abrir a piscina pequena e a zona de lecer entre o martes e o mércores, mentres prepara un proxecto de ampliación da instalación

Publicado o

Xornal de Compostela

A piscina municipal do Milladoiro, no concello de Ames, segue pechada tras a incidencia detectada o pasado martes 15 de xullo, cando se produciu un desprendemento do liner que reviste o interior da infraestrutura. O Concello informa que os traballos de reparación continúan en marcha e que a complexidade dos danos é maior do previsto inicialmente, o que provocou o retraso na reapertura, prevista nun primeiro momento para este luns 21 de xullo.

Aínda que as obras seguen en execución, o goberno local anuncia que se irán habilitando zonas da piscina de maneira progresiva. Así, está previsto que entre este martes 22 e mércores 23 de xullo se reabra ao público a piscina pequena e a área de lecer, mentres se rematan os traballos na piscina principal.

Segundo fontes municipais, a reparación non implicará custos adicionais para as arcas públicas, xa que a obra afectada aínda se atopa en período de garantía. O obxectivo, sinalan, é garantir que a instalación reabra nas mellores condicións de seguridade e funcionalidade para as persoas usuarias.

Ao tempo que se traballa na reparación da infraestrutura actual, o Concello de Ames xa puxo en marcha os trámites para a redacción dun proxecto de ampliación da piscina municipal, co propósito de adaptala ao crecemento demográfico do Milladoiro e ás novas necesidades de servizo da veciñanza. Esta ampliación busca dar resposta á elevada demanda desta instalación durante os meses de verán, e ofrecer un equipamento deportivo e recreativo axeitado para os próximos anos.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here