InicioMOV. SOCIAISGIG-Saúde denuncia "sobrecarga de traballo e saturación dos servizos" na área sanitaria

GIG-Saúde denuncia “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos” na área sanitaria

Segundo trasladou o sindicato nunha nota de prensa, isto sumar "ao incumprimento da Lei xeral de Sanidade, ao non ofrecer un alto nivel de calidade asistencial e accesible para toda a poboación".

Publicado o

Xornal de Compostela

A CIG-Saúde de Santiago denunciou que a falta de medidas por parte da Xerencia da área sanitaria Santiago-Barbanza á hora de cubrir as ausencias do persoal sanitario está a provocar “sobrecarga de traballo e saturación dos servizos”.

Segundo trasladou o sindicato nunha nota de prensa, isto sumar “ao incumprimento da Lei xeral de Sanidade, ao non ofrecer un alto nivel de calidade asistencial e accesible para toda a poboación”.

Nesta liña, a CIG alertou que esta política de non cobertura obriga a asumir as prestacións asistenciais con menos persoal, coa consecuente “sobrecarga laboral e tensión física e psicolóxica”.

Así, puxeron como exemplo que hai centros de saúde onde cinco profesionais de enfermaría “realizan o traballo de sete, ou mesmo máis, ao asumir o seguimento das persoas usuarias das Unidades de Saúde Mental, por non cubrir o persoal destes servizos”.

Tamén, apuntaron que á “xa normalizada” falta de pediatras, médicos e Atención Primaria e persoal de enfermaría, engádese a non cobertura de matronas, fisioterapeutas, persoal técnico en coidados de enfermaría e mesmo de higienistas dentais; o que agrava as listas de espera para citas, probas diagnósticas e cirurxías, e afecta á calidade da atención sanitaria.

Ademais, denunciaron que se está reducindo “ao mínimo o servizo de fisioterapia nos centros de saúde”, xa que ao non haber coberturas de persoal de coidados de enfermaría, naqueles centros que contan con dous ou máis de lestes profesionais “unha persoa fai o traballo de varias, sen que exista ningún recoñecemento por asumir esa carga”.

Por iso, o sindicato esixiu que se dote a cada centro co cadro de persoal necesario e cúbranse as ausencias “para poder construír unha relación de confianza entre quen presta o servizo e quen o recibe, e garantir unha atención sanitaria de calidade”.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here