InicioSANTIAGOSanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar...

Sanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar ao sector”

Goretti Sanmartín indicou que tivo lugar unha xunta de goberno extraordinaria na que se aprobou o texto definitivo da ordenanza da taxa turística.

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xustificou este luns que o prazo para a entrada en vigor da chamada taxa turística aprazouse ata o 1 de outubro, neste sentido, defendeu que “hai que ter xenerosidade e escoitar ao sector”. Cabe lembrar que nun encontro aberto aos encargados do cobro deste tributo, o sector hostaleiro mostrou a súa oposición á súa posta en marcha en agosto, xa que este e setembro son os meses de máis traballo para estes profesionais.

Goretti Sanmartín indicou que este venres tivo lugar unha xunta de goberno extraordinaria na que se aprobou o texto definitivo da ordenanza da taxa turística, tras analizar o sete alegacións presentadas ao proxecto inicial, catro delas co mesmo contido. Neste contexto, lembrou que o Concello presentou ata dous proxectos de lei á Xunta, que finalmente aceptou, “a pesar de que non coa fórmula que propuña Raxoi”.

“Considero que co fin deste proceso terémonos que felicitar colectivamente por esta medida de xustiza, que responde a directrices estratéxicas do Concello de Santiago aprobadas en diferentes momentos pero que ata o momento non se concretaron“, destacou. Con todo, sobre as críticas do sector hostaleiro e as reticencias á aplicación desta taxa, a rexedora compostelá relacionounas coa súa postura “pioneira” e insistiu en que “dentro duns anos ninguén discutirá sobre isto”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...