InicioSANTIAGOGaliza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de...

Galiza Nova protestará este vindeiro luns contra a Medalla de Ouro de Galicia da Xunta á princesa Leonor

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, defendeu outorgarlle este recoñecemento polo "agarimo" que está "seguro" que "a maioría do pobo galego sente"

Publicado o

Xornal de Compostela

Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, protestará este luns, 14 de xullo, en Santiago contra a concesión por parte da Xunta da Medalla de Ouro de Galicia á princesa de Asturias, Leonor de Borbón.

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, defendeu outorgarlle este recoñecemento polo “agarimo” que está “seguro” que “a maioría do pobo galego sente”. Este galardón nun acto en Compostela será dous días antes da cerimonia de entrega de despachos na Escola Naval de Marín o 16 de xullo, coa culminación do seu ano de formación militar.

Así, Galiza Nova indica que esta concentración pola “República Galega” será o inicio da sétima edición da Semana dá Patria Galega, previa ao 25 de xullo, que presentou este xoves.

A secretaria xeral de Galiza, Marta Gómez, subliña que nesta edición bátese marca de actividades, con máis de 70, no que considera “unha demostración de forza dos mozos organizados por todo o país”. Homenaxes a Castelao e Rosalía de Castro, así como reivindicación das seleccións galegas deportivas serán outros actos a realizar.

PROBLEMAS CON EQUIVALENCIAS DE TÍTULOS UNIVERSITARIOS ESTRANXEIROS

Por outra banda, o BNG rexistrou iniciativas nas Cortes do Estado para urxir ao Goberno medidas co fin de solucionar “a grave situación de colapso e opacidade” que afecta os procedementos de homologación e declaracións de equivalencias de títulos universitarios estranxeiros, dependentes do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia que existen “miles de expedientes paralizados desde hai anos, nalgúns casos desde 2017 ou 2018, o que está a impedir que numerosos profesionais poidan exercer a súa actividade no Estado español”.

Apunta que a propia ministra recoñeceu que no ano 2024 tramitáronse uns 40.000 expedientes, mentres que para este ano 2025 o obxectivo é resolver 80.000, !o que dá conta da magnitude do problema e do atasco acumulado”.

Rego recolle as queixas das persoas afectadas que denuncian que “o Ministerio está a emitir resolucións sen respectar a orde cronolóxica de entrada das solicitudes”, polo que consideran inxustificable que se estean emitindo resolucións favorables a solicitudes presentadas en xullo de 2024, baixo o novo Real Decreto 889/2024, mentres outras do ano 2017 seguen sen resposta.

Outro dos problemas denunciados polas persoas solicitantes é a existencia de arbitrariedades nos requirimentos de documentación, pois se esixen subsanacións por suposta falta de documentos que xa foran presentados correctamente.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...