InicioMOV. SOCIAISSumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A formación denuncia a expulsión da mocidade e critica o modelo urbano do PP centrado no turismo e na especulación

Publicado o

Xornal de Compostela

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis difíciles para milleiros de estudantes en Santiago de Compostela: a busca de piso para o vindeiro curso académico. Porén, nesta ocasión, a situación vese agravada por un incremento sen precedentes nos prezos do alugueiro, colas dende primeira hora nas inmobiliarias e unha oferta escasa, con vivendas que, segundo denuncian colectivos como Sumar Terras de Compostela, presentan condicións “insalubres” e importes que superan os mil euros.

A organización sinala que a capital galega cumpre todos os requisitos establecidos pola Lei estatal de Vivenda para ser declarada zona tensionada, e insta á Xunta de Galicia a emitir de inmediato o informe favorable que recoñeza esta realidade. O Concello xa solicitou esta declaración, mais o goberno autonómico, encabezado por Alfonso Rueda, mantén o silencio. “O retraso na declaración é un acto político que prioriza intereses especulativos e turísticos fronte ás necesidades reais da xente”, afirman dende Sumar.

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, máis do 30 % da poboación moza residente en Santiago vese na obriga de marchar a concellos limítrofes como Teo, Ames ou Brión, onde os prezos tamén están a medrar. Este desprazamento da veciñanza, especialmente da mocidade, está vinculado ao que Sumar identifica como un modelo de cidade baseado no turismo masivo, a proliferación de residencias privadas e a especulación inmobiliaria, promovido polo Partido Popular.

Séguense a converter os pisos en hoteis e os barrios en escaparates turísticos. A cidade perde alma, perde veciñanza e perde dereitos”, advertiu Luisa Pasín, voceira do grupo. A situación afecta especialmente ao colectivo estudantil, que se ve expulsado por non poder competir coas rendas do mercado. “Pisos con humidades, sen luz natural ou con espazos improvisados por máis de mil euros ao mes. Xa non queda sitio para estudar nin vivir con dignidade en Santiago”, engadiu.

Sumar defende un modelo de cidade pensado para quen a habita, non para quen a visita. “Cremos que as cidades deben ser para quen as viven”, concluíu Pasín, reclamando unha resposta inmediata por parte da Xunta para frear a degradación da vida residencial en Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here