InicioSANTIAGOA orixe e o pasado da Praza Roxa: de onde ven o...

A orixe e o pasado da Praza Roxa: de onde ven o seu nome?

A praza que actúa hoxe como punto neurálxico do centro de Compostela non sempre se chamou así e o seu aspecto foi cambiando tras case cen anos de historia

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Hoxe en día coñecemos a Praza Roxa por ser un dos lugares máis recoñecibles de Compostela. Un lugar onde centos de estudantes reúnense día tras día para “terracear” as tardes de bo e mal tempo. Pero non sempre se lle coñeceu como “Praza Roxa” nin sempre tivo o aspecto actual.

O primeiro nome co que se coñeceu á praza foi o de Jose Antonio e por aquelas alturas era un lugar polo que transitaba moito tráfico de coches. Durante os anos da ditadura e da transición, os estudantes composteláns máis revolucionarios tomaron a praza como un lugar de manifestacións. Por esas mobilizacións, os picheleiros comezaron a nomear popularmente á paza como “Praza Roxa” facendo referencia á orientación política de “roxos” deses estudantes. O nome foise estendendo ata que se consolidou de forma oficial, como a coñecemos hoxe en día.

Primeira fonte da Praza Roxa – Compostela Verde

A praza experimentou diversas transformacións ao longo das décadas. Nun primeiro momento contaba cunha gran fonte circular no centro que actuaba de rotonda para xestionar o gran volume de tráfico que circulaba por ela. Esa primeira fonte foi trasladada en 1990 ao barrio de Vite no Campus Norte, deixando paso a unha reforma do espazo. Pouco despois, instalouse unha nova fonte en forma de cáliz. O máis curiosa desta nova fonte foi a tradición que se instaurou ao seu redor. Converteuse no lugar onde os seguidores do clube de fútbol Compostela celebraban os éxitos do seu equipo. Xa no ano 2003, esta fonte foi tamén retirada e reubicada no Polígono do Tambre.

Segunda fonte da Praza Roxa nunca celebración do Compostela – Compostela Verde

Na actualidade, a Praza Roxa ten unha estética moderna e aberta, sen fontes e cun tráfico moi escaso, priorizando ós peóns e os negocios que a enchen. Converteuse nun lugar de reunións nas terrazas, que se enchen cada día de estudantes que recordan a aqueles anos de manifestacións.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here