InicioSANTIAGOO Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

María Rozas lembra que o Goberno local recolleu as impresións veciñais no barrio e insiste en que os cambios se aplicarán en función das necesidades reais

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou que o Concello de Santiago mantén unha avaliación constante sobre o funcionamento das prazas de aparcamento da rúa Xoán XXIII, despois das queixas rexistradas nos últimos meses sobre a baixa ocupación da zona verde destinada a residentes.

En resposta a unha pregunta formulada por Xornal de Compostela pola situación das prazas que permanecen baleiras durante boa parte do día, Rozas explicou que o debate arredor do estacionamento “sempre xera discusión” e lembrou que o Goberno local mantivo recentemente unha sesión informativa no barrio para presentar a estratexia, unha reunión na que “os veciños e as veciñas trasladaron que, tal como estaba agora, lles parecía unha solución oportuna e axeitada ás necesidades de aparcamento”.

A concelleira subliñou que, segundo as observacións diarias do propio Concello, a maior parte das prazas “están ocupadas”, aínda que insistiu en que o Executivo seguirá atendendo as demandas que poidan xurdir: “Sempre se pode cambiar, sempre se pode estudar, porque os fluxos de tráfico e de aparcamento tamén van variando”. Ante a pregunta de se o departamento continúa revisando a situación, Rozas confirmou que “efectivamente” o estudo é permanente.

O debate sobre Xoán XXIII vén de meses atrás, cando o Concello modificou a configuración das prazas tras a reforma da vía. O incremento de 23 a 80 espazos levou inicialmente á súa reserva como zona verde, mais a falta de ocupación durante o día motivou que a Concellaría de Mobilidade propuxese abrilas ao público en horario diúrno baixo tarifas ORA, mantendo 24 prazas exclusivamente para residentes e outras dúas para persoas con mobilidade reducida. O resto quedarían para uso veciñal en horario nocturno.

A decisión, segundo fontes municipais, chegou tras a interlocución coas asociacións veciñais, que advertiran da escasa demanda para un uso só residencial. Con todo, a proposta xerou discusión en redes sociais, onde algunhas usuarias cuestionaron que non se tivese en conta a traballadores, turistas ou estudantes, mentres outras persoas defenderon a prioridade para os habitantes dun barrio que carece de garaxes e soporta unha forte presión pola proximidade do centro histórico.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here