InicioPOLÍTICASumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A organización renova a dirección e aposta por unha candidatura ampla da esquerda en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección política, nun encontro extraordinario no que a organización puxo o foco na preparación das municipais de 2027 e na ampliación do espazo da esquerda na comarca. A candidatura encabezada por Carme Casado como secretaria comarcal e Luisa Pasín como vice-secretaria incorpora tamén a Rocío Núñez (Organización e Acción Institucional), Eli Cabeza (Mobilización), Aida Ferreiro (Comunicación) e Zé Martínez (LGTBIQA+).

Durante a sesión, Sumar Terras de Compostela fixou como prioridade estender a súa presenza a máis concellos da comarca e, especialmente en Santiago, impulsar unha candidatura ampla e plural da esquerda. Neste punto, a organización abriu a porta á participación de Mercedes Rosón, exconcelleira socialista, nun proceso de diálogo que din que “iniciarán nos próximos días”. O obxectivo, segundo destacaron, é artellar un espazo común no que tamén estean presentes Compostela Aberta e outras formacións progresistas.

A asemblea recoñeceu igualmente o labor dos actuais concelleiros María Rozas e Xan Duro, subliñando que “todo tipo de acordo debe darse co obxectivo de evitar un goberno do Partido Popular, xa que Borja Verea sería un novo Conde Roa”.

En materia programática, a organización sinalou que a vivenda continúa a ser o principal problema en Santiago, Ames, Teo e no resto da comarca. Aposta por combinar a declaración de zonas tensionadas con novas medidas para mobilizar vivendas baleiras e limitar a expansión das residencias estudantis privadas, unha proposta ligada á ILP que Movemento Sumar Galicia prevé presentar en breve.

ÚLTIMAS

Os CEIP e escolas unitarias de Santiago abren o curso con 4.299 escolares

O curso escolar comezou este mércores en Santiago con 4.299 nenos e nenas matriculados...

A USC dá por controlada a situación no San Clemente e agarda unha avaliación técnica para decidir as obras

A Universidade de Santiago de Compostela considera controlada a situación no Colexio Maior San Clemente...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Sanmartín evita entrar nas críticas de Pedro Blanco e pídelle que facilite a chegada directa de fondos de vivenda a Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, evitou este mércores entrar nun intercambio de declaracións...

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

Pedro Blanco preséntase como o candidato “valente” do PSdeG para Compostela

O candidato á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, avogou por un cambio en Santiago...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here