InicioMOV. SOCIAISOs piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O Concello confirma que non puido funcionar nin o transporte urbano nin o interurbano na primeira hora por mor da folga provincial

Publicado o

Xornal de Compostela

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves debido á imposibilidade de que os servizos mínimos decretados polo Concello puidesen saír da estación intermodal. Segundo informou o propio consistorio nunha comunicación dirixida aos medios, a presenza de piquetes impediu a saída dos vehículos previstos dentro do dispositivo mínimo establecido pola folga convocada no sector do transporte por estrada da provincia da Coruña.

A Policía Local confirmou tamén pola mañá que ningún autobús puidera iniciar o seu servizo, situación que afectou tanto ás liñas urbanas como ás conexións interurbanas. A incidencia deixou sen prestación de transporte á cidade durante as primeiras horas do día.

A convocatoria de paro, asinada por UGT, CCOO e CIG, enmárcase no bloqueo da negociación do convenio colectivo. As organizacións sindicais denuncian xornadas laborais excesivas, a ausencia de incrementos salariais e a falta de avances nas conversas coa patronal nos últimos catro anos. A mobilización inclúe unha concentración este venres diante da estación de autobuses de Santiago, en paralelo ás previstas na Coruña e Ferrol.

A situación terá impacto directo na oferta do servizo urbano, coa reducción de expedicións en practicamente todas as liñas e a suspensión das liñas 12, 13 e C6, segundo a información difundida hoxe. Polo momento, os servizos mínimos están fixados só para esta xornada, aínda que a folga abrangue tamén os días 12, 15 e 19 de decembro. En función da evolución do conflito, o Concello prevé decretar novas coberturas mínimas para esas datas.

As centrais sindicais avanzaron que, se non hai acordo tras estas catro xornadas de paro, barallan impulsar unha folga indefinida despois das festas do Nadal. A CIG criticou ademais á Xunta de Galicia por non activar unha mediación previa entre patronal e traballadores antes do inicio do paro, unha decisión que ao seu xuízo tería contribuído a evitar a situación actual.

SAEN OS PRIMEIROS SERVIZOS MÍNIMOS

A media mañá produciuse un primeiro avance na operatividade do servizo, segundo informou o Concello nunha actualización remitida ás 11:22. Nesa comunicación, o goberno local indicou que comezaron a saír algúns dos servizos mínimos, aínda que, polo momento, unicamente se autorizou a marcha das liñas vinculadas á atención sanitaria, é dicir, aquelas que conectan cos hospitais públicos de Compostela.

Segundo vén de informar o Concello, están actualmente circulando con servizos mínimos as liñas 1, 4, 5, 6, 6A, 7, 15, C2, C4, C11, P6 e P8.

Esta saída parcial contrasta coa planificación inicial establecida por Raxoi para a xornada de folga, que incluía un amplo dispositivo de servizos mínimos distribuído en múltiples liñas urbanas e periurbanas. O decreto municipal contemplaba frecuencias específicas para rutas clave, entre elas a Liña 1, encargada de unir o Cemiterio de Boisaca co Hospital Clínico, así como outras conexións relevantes como As Cancelas–Romaño (Liña 4), Vite–Rocha (Liña 5), San Marcos–Os Tilos (Liña 6), o servizo ao aeroporto (6A) ou as liñas circulares C2, C4, C5 e C11, ademais das prestacións a diversos barrios e parroquias a través das liñas P1 a P8. Tamén se incluían rutas con frecuencias reducidas cara a equipamentos específicos, como a Cidade da Cultura (Liña 9).

Dentro desta relación de servizos, o Concello especificara xa que as liñas 12, 13 e C6 quedarían suprimidas, ao non considerarse esenciais para garantir a mobilidade básica durante a folga. A pesar desta planificación detallada, as saídas previstas non puideron activarse no horario marcado debido á presenza de piquetes na primeira hora da mañá, o que atrasou por completo a posta en marcha do dispositivo.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here