InicioECONOMÍAEnce leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

O comité reclama unha reunión con Rueda e Lorenzana mentres continúa a negociación do ERE

Publicado o

Xornal de Compostela

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra da comarca de Pontevedra e trasladaron este xoves as súas protestas a Compostela. Á primeira hora da mañá concentráronse diante da sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), onde advertiron que intensificarán as mobilizacións contra o expediente de regulación de emprego (ERE) anunciado pola compañía, que continúa en fase de negociación.

A representación sindical confirmou que o martes retomarán a folga e conducirán de novo as protestas cara á capital galega. Nesa mesma xornada teñen previsto concentrarse fronte ao complexo administrativo de San Caetano, sede do Goberno galego, para reclamar ser recibidos polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e pola conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana. Segundo explicou o comité, ambas figuras foron solicitadas para unha reunión “sen obter resposta ata o de agora”.

Baixo a pancarta ‘Non á perda de postos de traballo’, o presidente do comité, Santiago Cerqueiro, advertiu que a xuntanza celebrada este xoves coa dirección volveu concluír “sen avances”, polo que as partes volverán reunirse o 11 de decembro. O calendario xoga en contra dos empregados, xa que o prazo do ERE remata o día 20.

Pola súa banda, a empresa mantivo o seu posicionamento inicial e insistiu en que a proposta forma parte dun “plan de eficiencia e competitividade” para o período 2025-2027, baseado en dous elementos: a incorporación de solucións de intelixencia artificial e a automatización e reingeniería de procesos, así como a racionalización das operacións.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Lestegás reclama que Santiago xestione os fondos estatais para as zonas de mercado tensionado

O Concello de Santiago reclama poder xestionar directamente os fondos que o Ministerio de...

Louzao sitúa o turismo de Santiago nunha fase de estabilización e defende a diversificación aérea tras a saída de Ryanair

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, realizou este mércores un primeiro balance...

Santiago, entre as cidades beneficiadas polos 5,1 millóns para zonas tensionadas

O Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana destinará 5,1 millóns de euros a Galicia...