InicioSANTIAGOA IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de...

A IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de tradución simultánea

Está deseñada para manter a estabilidade das conexións, mesmo con centos de usuarios simultáneos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Catedral de Santiago estrea un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis lle e visitantes estranxeiros que participan nas diferentes Misas do Peregrino que se celebran.

Este servizo é unha aplicación de teléfono móbil que, apoiándose na intelixencia artificial, traduce en tempo real todo o contido da misa, sen interferir no acto nin alterar a solemnidade da contorna.

O servizo xa funciona desde unha aplicación gratuíta, dispoñible en App Store e Google Play, e ofrece dous modos de uso, un en modo lectura, co texto traducido en pantalla (modo claro ou escuro), e outro en modo audio, con voz natural. Só require un móbil e uns auriculares comúns, sen instalacións adicionais.

O sistema actúa cun algoritmo propio de compresión e sincronización intelixente, que analiza os silencios naturais da fala e adáptaos automaticamente, de maneira que se poida reducir a latencia das traducións, facendo que cheguen case ao mesmo ritmo que a voz orixinal e aumentar a fluidez e naturalidade dos discursos traducidos. Está deseñada para manter a estabilidade das conexións, mesmo con centos de usuarios simultáneos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...