InicioSANTIAGOA Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

O encontro celebrarase ás 16:30 no Salón de Graos de Políticas e está aberto a toda a comunidade universitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de debate arredor do proceso electoral á Reitoría. A Asemblea de Investigadoras de Compostela organiza un acto no que estarán presentes as catro das cinco candidatas que concorren aos comicios: Rosa Crujeiras, Maite Flores, Alba Nogueira e María José López.

Debate electoral de candidatas a reitora 2026 – Asemblea de Investigadoras de Compostela

A convocatoria, dirixida ao conxunto da comunidade académica, terá lugar ás 16:30 no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Segundo expón a entidade organizadora, o encontro pretende ofrecer un espazo para coñecer de maneira directa as propostas dos diferentes equipos en ámbitos como a gobernanza universitaria, a xestión económica, as políticas científicas e de persoal, así como a visión das candidatas en relación coa lingua e a cultura na USC.

A Asemblea subliña o carácter aberto da sesión e anima ao alumnado, persoal docente e investigador e persoal de administración e servizos a participar nun debate que considera “ineludíbel” para reflexionar sobre o futuro inmediato da institución compostelá.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

Cascudas na comida dun paciente do Hospital Clínico de Santiago

A sección sindical de CCOO da área sanitaria de Santiago-Barbanza denunciou a presenza de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here