InicioSANTIAGOSantiago acolle a reunión europea de liderado en física moza con participantes...

Santiago acolle a reunión europea de liderado en física moza con participantes de máis de 20 países

A cidade converterase en sede da 13th Young Minds Leadership Meeting, cun amplo programa científico, formativo e cultural liderado pola USC

Publicado o

Xornal de Compostela

A cidade de Santiago será o escenario da 13th Young Minds Leadership Meeting, un encontro internacional que reunirá os días 4, 5 e 6 de xuño a representantes da nova xeración de investigadoras e investigadores en física. Esta cita anual, promovida pola European Physical Society (EPS), celebrarase por segunda vez en España e contará coa participación de estudantes e persoal investigador mozo de máis de 30 universidades de Europa e o norte de África.

A organización local corre a cargo da sección Young Minds da USC, o chápter de OPTICA e a asociación estudantil Luzada, coa colaboración da Facultade de Física e dos centros de investigación IGFAE, CiTIUS e IMATUS. O obxectivo do encontro é fortalecer as redes internacionais, fomentar o liderado científico e conectar a física coa sociedade, combinando sesións científicas e formativas con actividades culturais e de benestar.

O evento arrincará o día 4 de xuño ás 19.30 horas cunha recepción oficial no Colexio de Fonseca, onde o público poderá coñecer parte da tradición galega a través da actuación das pandereteiras de Cantigas e Agarimos. As sesións científicas e profesionais desenvolveranse entre a Facultade de Física e o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) durante os días seguintes.

Entre as intervencións destacadas, inclúese a conferencia inaugural sobre cosmoloxía da presidenta da EPS, Mairi Sakellaeiadou, profesora no King’s College London, e unha charla sobre liderado científico do profesor Paulo J. Ferreira, do International Iberian Nanotechnology Laboratory. Ademais, docentes da USC como Victor Pardo e Meijian Li amosarán algúns dos avances da investigación en ciencia de materiais e física do universo primitivo.

O programa tamén aborda a relación entre academia e industria, cunha sesión titulada PhD to CEO na que participarán Bárbara Buades (MeetOptics, ICFO) e Pablo Cabanelas (Neutron Insights, USC). Outras sesións tratarán cuestións como os nesgos de xénero na intelixencia artificial, nun relatorio da investigadora Eva Cernadas (CiTIUS).

A saúde mental terá un espazo específico no programa, cun obradoiro práctico para o manexo do estrés, coordinado pola investigadora Ana López Durán e impartido por membros do Grupo de Avaliación e Tratamento das Adiccións e Trastornos do Estado de Ánimo da USC. A intención é dotar á mocidade investigadora de ferramentas para afrontar os retos psicolóxicos da carreira académica.

No ámbito da divulgación científica, haberá dúas sesións de pósters onde os participantes presentarán as súas mellores actividades Young Minds do ano. A mellor proposta será recoñecida cun premio da revista European Physics Letters, publicación oficial da EPS.

A dimensión social e cultural do evento completarase cunha cea no claustro de San Martiño Pinario e un concerto na Sala Sónar, a cargo da banda compostelá Ginko Biloba, integrada por estudantes e investigadoras da propia facultade de Física.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here