InicioSOCIEDADETraballadoras de residencias claman por un convenio "digno": 'Fabiola, covarde, a xente...

Traballadoras de residencias claman por un convenio “digno”: ‘Fabiola, covarde, a xente está que arde’

Piden a "mediación" da Xunta para que "resolva o conflito"

Publicado o

Xornal de Compostela

Decenas de traballadoras de residencias privadas de maiores e do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) percorreron este martes as rúas de Santiago nunha mobilización convocada pola CIG-Servizos para esixir un convenio “digno”, así como a “mediación” da Xunta para que “resolva o conflito”. A protesta, antesala das dúas xornadas de folga convocadas para este mércores e este xoves, tivo dous puntos de partida e confluíu ante o edificio administrativo da Xunta en San Caetano ao redor das 12.00 horas.

En concreto, as traballadoras da provincia da Coruña e de Lugo iniciaron a súa marcha desde a residencia Raiola, en San Marcos, ao redor das 10.00 horas. Ao mesmo tempo, desde a residencia da Fundación Amancio Ortega da rúa Monte do Seixo, partiron as de Pontevedra e Ourense. Entre cánticos como ‘Solución a esta situación’; ‘Estamos cansas de ser explotadas’; ‘Fabiola, covarde, a xente está que arde’; ‘Tanto traballar para case non cobrar’; ‘Patronal culpable, a Xunta responsable’ ou ‘Rueda, atende, a xente non se vende’, as manifestantes percorreron as rúas compostelás chegando mesmo a afectar durante uns momentos a circulación na Avenida de Lugo.

“NON ESTAMOS A PEDIR NINGÚN AGASALLO”

Ao finalizar a protesta, o secretario de Negociación Colectiva da CIG-Servizos, Adolfo Naya, instou á Xunta a “facer algo” e “intermediar” no conflito, ademais, defendeu que “os coidados deben estar no centro”. Pola súa banda, Cristina Antelo, traballadora do SAF na Coruña desde hai 14 anos, explicou que este é un sector feminizado cunhas condicións laborais “precarias”, no que “moitas compañeiras deben acudir a bancos de alimentos para sobrevivir”.

“Pedimos un salario digno, unhas condicións dignas. Non teñen en conta que traballamos con persoas, non con ladrillos. Non pedimos pisos en ningún sitio nin que nos dean un agasallo, queremos condicións dignas como calquera traballador. Niso se resumiría, un convenio que se axuste a realidade do que estamos a vivir hoxe en día”, aseverou Antelo. Pola súa banda, Beatriz Fernández, traballadora da residencia DomusVi de Ferrol, insistiu en que as condicións laborais son “insás” e denunciou que as traballadoras están “moi cansas” e que “non poden aguantar este ritmo”.

“A día de hoxe as condicións son lamentables e imos a peor, temos unha falta de persoal provocada fundamentalmente polas condicións salariais e laborais que temos. Está a producirse unha fuxida masiva de profesionais ao sector público e a outros sectores, polo que pedimos que a Xunta se implique neste conflito e que presione á patronal”, sinalou Fernández. Neste sentido, destacou a necesidade de “obrigar á patronal a sentar a negociar” e denunciou que actualmente ao redor de 8.000 compañeiras “están a cobrar por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (SMI)”. “Os usuarios e as usuarias están a velo día a día, E as familias son moi conscientes do problema que hai neste sector, xa que onde antes había cinco traballadoras agora somos tres“, aseverou en declaracións aos medios.

ÚLTIMAS

O Festival Atlántica esténdese a 27 localidades e homenaxea a Castelao cunha lectura pública en Santiago

O Festival Atlántica, especializado na narración oral, presentou esta mañá en Santiago a súa...

Límites á apertura de novos comercios de souvenirs e máquinas expendedoras “en practicamente toda a zona histórica”

O Concello de Santiago limitará a implantación de novos establecementos de souvenirs "en practicamente toda a zona histórica",...

O goberno de Santiago defende os avances do mandato e promete que a cidade “non será igual en 2027”

O equipo de goberno de Santiago de Compostela fixo balance este luns dos dous...

UCIN Compostela acusa ao goberno local de incrementar a inseguridade cidadá

A agrupación local de UCIN Compostela lanzou este luns unha dura crítica contra o...

Compostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na Alameda

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 17...

Unha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na Virxe da Cerca

Unha manifestación feminista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres denunciou esta tarde en Santiago...

“Non mates as Mates”: centenares de persoas denuncian a decisión “inxusta” da Xunta de suprimir o máster de Matemáticas da USC

A porta principal do Parlamento de Galicia converteuse esta mañá nunha aula ao aire...