InicioSOCIEDADELímites á apertura de novos comercios de souvenirs e máquinas expendedoras "en...

Límites á apertura de novos comercios de souvenirs e máquinas expendedoras “en practicamente toda a zona histórica”

Segundo debullou Sanmartín, a medida foi aprobada este luns na xunta de goberno local co obxectivo de "blindar" o comercio de proximidade e "conseguir esa diversificación necesaria do tecido comercial"

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago limitará a implantación de novos establecementos de souvenirs “en practicamente toda a zona histórica”, así como os negocios automatizados en todo o recinto intra muros da cidade. Así o avanzou este luns a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, nun almorzo informativo no que participaron todos os concelleiros do goberno municipal para celebrar os dous anos de mandato.

En concreto, a rexedora anunciou que o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, ofrecerá esta mesma semana unha rolda de prensa para presentar a modificación do Plan especial sobre usos, unha modificación que, entre outras novidades, non permitirá a implantación de novos establecementos de souvenirs na zona histórica e que limitará no recinto intra muros os negocios automatizados, como consignas ou máquinas expendedoras. Segundo debullou Sanmartín, a medida foi aprobada este luns na xunta de goberno local co obxectivo de “blindar” o comercio de proximidade e “conseguir esa diversificación necesaria do tecido comercial”.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

A mercería Algui e a Asociación Compostelá de Diabetes protagonizan en outubro ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’

A campaña municipal '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de outubro á colaboración...

A CIG reclama ao Concello que rescinda o contrato do SAF e asuma directamente o servizo

A CIG reclamou ao Concello de Santiago a rescisión inmediata do contrato coa empresa...

Wizz Air abrirá en decembro a súa base en Santiago cun avión permanente e sete rutas

Wizz Air porá en funcionamento o próximo 17 de decembro a súa nova base...