InicioMOV. SOCIAISUnha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na...

Unha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na Virxe da Cerca

A protesta, convocada pola Marcha Mundial das Mulleres, tivo lugar tras confirmarse o ADN dos corpos achados en Campo Lameiro

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha manifestación feminista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres denunciou esta tarde en Santiago o asasinato machista da veciña de Moraña, cuxo corpo foi atopado recentemente, xunto co do seu maltratador, en Campo Lameiro. A mobilización deu comezo na Praza 8 de Marzo, pero axiña se desprazou á rúa Virxe da Cerca, provocando importantes retencións de coches e autobuses nesta rúa da cidade.

A protesta prodúcese pouco despois de que se confirmase por análise de ADN que os corpos atopados o pasado domingo corresponden á parella desaparecida días antes en Moraña, un caso que está a ser investigado como crime machista. Segundo as pescudas policiais, o home tería acabado coa vida da muller antes de suicidarse.

As manifestantes esixiron “responsabilidades” a quen “recortan en prevención e recursos contra a violencia de xénero”, a quen “non invisten na investigación da violencia machista”, a quen “desmantela servizos públicos que salvan vidas”, a quen desde o poder “minimiza” a violencia de xénero e a quen “cala ante as violencias” que sofren a diario as mulleres.

Igualmente, o colectivo feminista As Moiras de Moraña (que criticou ao goberno local deste municipio por decretar tres días de loito, tanto pola muller falecida como pola súa parella e presunto agresor, colocándoos “ao mesmo nivel”) tamén convocou unha concentración para última hora da tarde deste xoves.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here