InicioSen categorizarA participación en Compostela ascende ao 37,32% do censo ás 18:00, un...

A participación en Compostela ascende ao 37,32% do censo ás 18:00, un punto inferior á media galega

A participación ás 18:00 é un 11,16% máis respecto á rexistrada á mesma hora últimas eleccións europeas no ano 2019

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O avance de partipación para esta xornada na cidade de Santiago foi dun 37,32%, segundo se deu a coñecer ás 18:00. Isto supón unha baixada dun 11,16% respecto ás últimas eleccións europeas no ano 2019, nas que a participación puido estar influenciada por coincidiren estas cos comisios municipais.

Esta porcentaxe é inferior á media do territorio galego, aínda que durante a xornada de hoxe ás 14:00 se situaba por debaixo. No seu conxunto, en Galicia súmase ás 18:00 un 39,04% de partipación, con só 621.159 votantes, un 11,16% menos que no ano 2019.

Estas cifras auguran un descenso notorio da participación con respecto ás últimas eleccións europeas. Se xa ás 14:00 a participación era inferior á de hai 5 anos, agora que se achega o peche dos colexios é aínda máis baixa.

No conxunto de España, esta porcentaxe é un 38,11%, un 11,33% menos que nas últimas eleccións, aínda rozando o 10 millóns de votantes, fronte aos 17 millóns que votaran a esta mesma hora nos últimos comicios. A comunidade autónoma con máis participación até o momento é Cantabria, cun 40,77%, fronte a un 24,80% da cidade autónoma de Ceuta, que se atopa á cola dos datos de participación.

PARTICIPACIÓN POR CIDADES E NA COMARCA COMPOSTELÁ

Entre as cidades galegas, Pontevedra e A Coruña son, ao igual que sucedía a mediodía, as que máis participación obtiveron até o de agora, cun 40,58% e un 40,47% respectivamente.

Entre as que menos participación rexistraban ás 18:00 atópanse Lugo (37,62%) e Ourense (38,17%).

Pola súa banda, no resto de concellos da comarca compostelá as participacións foron semellantes e nos mesmos postos que ás 14:00, con Boqueixón á cabeza (44,28%), seguidas de Vedra (40,17%), Teo (39,92%), Val do Dubra (37,49%), Ames (37,10%) e Brión (35,12%).

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

O PP de Santiago denuncia o deterioro da Rúa do Carballo e reclama actuacións inmediatas

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a Rúa do Carballo,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here