InicioSANTIAGOAs bibliotecas da Universidade de Santiago amplían horarios para o período de...

As bibliotecas da Universidade de Santiago amplían horarios para o período de exames

Máis de 3.400 prazas estarán dispoñibles nos campus de Santiago e Lugo con horarios adaptados ás necesidades do estudantado

Publicado o

Xornal de Compostela

As bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ampliarán os seus horarios a partir do venres, 6 de decembro, para ofrecer apoio ao estudantado durante o período de exames. Con máis de 3.400 prazas dispoñibles en diferentes localizacións dos campus de Santiago e Lugo, as instalacións adaptan os seus horarios para facilitar o estudo en ambientes idóneos.

  • Biblioteca Concepción Arenal (Campus Vida): Con 952 prazas, seguirá o mesmo horario que a Biblioteca Intercentros de Lugo, salvo do 2 ao 5 de xaneiro, cando abrirá de 9:00 a 00:00 horas.
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Norte): Disporá de 358 prazas ampliables e abrirá do 9 ao 20 de decembro e do 6 ao 24 de xaneiro de 8:30 a 22:00 horas.
  • Biblioteca Xeral (Casco Histórico): Ofrecerá 214 prazas cun horario de 9:00 a 20:30 horas entre o 21 e o 30 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro. Pechará os días 24, 25 e 31 de decembro, así como o 1 de xaneiro.
  • Facultade de Bioloxía (Campus Vida): Con 289 prazas, estará dispoñible en horario de 8:30 a 22:00 horas do 14 ao 20 de decembro e do 7 ao 19 de xaneiro. Os días 2 e 3 de xaneiro abrirá de 9:00 a 22:00 horas.
  • Sala de lectura da Facultade de Dereito (Campus Vida): A sala, con 700 prazas ampliables, abrirá de 8:30 a 22:00 horas do 9 ao 13 de decembro. Entre o 14 e o 20 de decembro e do 20 ao 24 de xaneiro, ampliará o horario ata a medianoite. Ademais, ofrecerá horario continuado as 24 horas do 6 ao 19 de xaneiro, con peche dunha hora diaria para limpeza.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here