InicioSANTIAGOAMESA Aula da Natureza organiza campamentos de verán para 60 rapaces en...

A Aula da Natureza organiza campamentos de verán para 60 rapaces en Ames

Trátase dun completo programa con actividades lúdicas e ambientais en dúas quendas durante o mes de xullo

Publicado o

Xornal de Compostela

A Aula da Natureza de Ames acolleu un ano máis os campamentos de verán, proporcionando a 60 nenos e nenas unha alternativa para desfrutar das vacacións a través de diversas actividades na natureza. Durante o mes de xullo, organizáronse obradoiros ambientais, saídas e xornadas lúdicas, dirixidas a rapaces de entre 6 e 16 anos.

Esta programación municipal de campamentos incluíu dúas quendas que se levaron a cabo nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda: do 1 ao 12 de xullo, e do 14 ao 26 de xullo. O horario dos campamentos foi de 11:00 a 17:30 horas e ofreceuse un servizo de autobús desde Milladoiro e Bertamiráns. Ademais da responsable municipal da Aula da Natureza, participaron catro monitores de tempo libre formados polos cursos da Concellería de Mocidade.

ACTIVIDADES DOS CAMPAMENTOS URBANOS

Durante os campamentos, os nenos e nenas participaron nunha variedade de actividades. Entre elas, destacaron un obradoiro de tintas naturais onde crearon debuxos de acuarela con tintas extraídas de vexetais como espinacas, col lombarda e cenoria. Tamén elaboraron reloxos de area a partir de botellas de plástico e realizaron manualidades de macramé. Ademais, construíron un refuxio con materiais recollidos no monte.

As excursións foron outro punto forte do programa. Os participantes fixeron unha saída pola Ruta dos Cabaliños do Demo, gozaron dunha mañá na praia fluvial de Tapia con xogos e baños no río Tambre, e visitaron a praia de Cabio para coñecer a vida mariñeira. Unha das novidades deste ano foi a actividade dos cinco continentes, onde os rapaces, divididos en equipos, representaron a distintos continentes mediante vestimentas, danzas, cancións e comidas típicas.

UNHA APOSTA POLA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Estes campamentos ofrecen aos nenos e nenas a oportunidade de aprender sobre o medio natural e rural mentres se divirten e fan novas amizades. A través destas actividades, a Aula da Natureza busca fomentar a conciencia ambiental e o respecto pola natureza entre os máis novos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here