InicioMOV. SOCIAISConcentración diante de Muface en Santiago para rexeitar o peche da oficina...

Concentración diante de Muface en Santiago para rexeitar o peche da oficina o 4 de agosto

A CIG-Ensino chama a mobilizarse o martes 29 de xullo ás 11:30 para defender a continuidade do servizo presencial na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A organización sindical CIG-Ensino convocou unha concentración de protesta diante da sede de Muface en Santiago de Compostela para mañá ás 11:30, co obxectivo de rexeitar o peche definitivo desta oficina, previsto para o luns 4 de agosto. A mobilización terá lugar na Avenida Rosalía de Castro, 23, diante das instalacións da mutualidade, que deixarán de prestar atención presencial ás persoas mutualistas da cidade e comarca.

A convocatoria prodúcese despois de que a directora xeral de Muface anunciase esta decisión na última reunión do Consello Xeral da mutualidade, na que está presente a CIG-Ensino. Segundo se informou nesa xuntanza, o peche responde á “falta de persoal”, mais dende a central sindical consideran que se trata dun novo recorte nos servizos públicos que afecta directamente ao funcionariado e, de forma especial, ao persoal docente.

A protesta do martes busca visibilizar o impacto negativo desta medida, que obriga ás persoas mutualistas da área de Santiago a desprazarse á Coruña para realizar trámites que ata agora podían facer na cidade. Estes trámites inclúen xestións sanitarias, prestacións por incapacidade temporal, tarxeta sanitaria europea ou axudas sociosanitarias.

A CIG-Ensino chama á participación do conxunto do funcionariado e da comunidade educativa, lembrando que en Galicia 91.648 persoas pertencen a Muface, das cales 27.589 son docentes en activo, moitos deles con destino na comarca compostelá. A condición de mutualista é obrigatoria para parte do persoal de nova incorporación, mesmo cando optan pola sanidade pública a través do Sergas.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

Miles de manifestantes reclaman en Santiago a “fin do xenocidio en Palestina” e a “imposición de sancións” a Israel

Milleiros de manifestantes reclamaron en Santiago de Compostela a "fin do xenocidio en Palestina"...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here