InicioDEPORTESO PP solicita ao Concello que instale pantallas na praza Roxa para...

O PP solicita ao Concello que instale pantallas na praza Roxa para ver a final da Eurocopa feminina

José Ramón de la Fuente pide que se habilite un espazo público para seguir o partido do domingo, no que España podería proclamarse campioa de Europa por vez primeira

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do Partido Popular en Santiago de Compostela solicitou este venres ao goberno local do BNG que instale pantallas xigantes na praza Roxa para que a cidadanía poida seguir en directo a final da Eurocopa Feminina 2025, na que a selección española loitará polo seu primeiro título continental. A cita será este domingo, 27 de xullo, e segundo o concelleiro José Ramón de la Fuente, a cidade debería dispor dun espazo común onde os afeccionados poidan compartir a emoción e festexar xuntos unha posible vitoria histórica.

O edil popular considera que a praza Roxa é o lugar máis axeitado para instalar este tipo de infraestrutura, ao tratarse dun espazo “céntrico, accesible e con capacidade suficiente” para acoller a un número elevado de persoas en condicións de seguridade. De la Fuente apela ao precedente do Mundial de 2023, que coroou á selección española como campioa do mundo, para insistir na necesidade de que o Concello se implique na visibilización e apoio ao fútbol feminino.

“Estamos seguros de que desta volta a alcaldesa non dirá que non”, apuntou o portavoz popular, facendo referencia indirecta a anteriores solicitudes denegadas. “Trátase do combinado feminino, que leva anos desenvolvendo un fútbol que esperta ilusión e admiración”, engadiu.

A proposta inclúe tamén a demanda de medidas de seguridade complementarias, como o control do tráfico na contorna da praza, a presenza de efectivos da Policía Local e Protección Civil e a dispoñibilidade de asistencia sanitaria de urxencia, para garantir que a xornada se desenvolva con normalidade e sen incidentes.

A decisión agora recae no executivo local, liderado pola alcaldesa Goretti Sanmartín, que deberá valorar se as condicións técnicas, organizativas e orzamentarias permiten a instalación destas pantallas nun prazo tan breve. Polo de agora, o Concello non emitiu ningún comunicado oficial sobre a petición. A expectativa entre os seguidores e seguidoras da selección é alta, ante a posibilidade de que España conquiste por primeira vez a Eurocopa feminina, apenas dous anos despois de levantar o título mundial.

ÚLTIMAS

O Escarnio e Maldizer é desaloxado de maneira pacífica

Máis de medio centenar de persoas concentrouse na mañá deste venres na Praza de...

Dous accidentes múltiples provocados por unha granizada deixan varios feridos na área de Compostela

Dous accidentes múltiples rexistrados na área de Santiago de Compostela á primeira hora deste...

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

A SD Compostela remonta ao Viveiro e reforza o liderado ao peche da primeira volta

A SD Compostela reforzou este domingo o seu liderado na liga tras superar por 3-1...

O Compos incorpora a David Rosón para reforzar o centro do campo

A SD Compostela anunciou a incorporación do lucense David Rosón Fernández como novo xogador do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here