InicioSANTIAGOO Concello de Santiago propón colocar elementos gráficos na nova estación que...

O Concello de Santiago propón colocar elementos gráficos na nova estación que acheguen a figura de Castelao aos visitantes

A alcaldesa lembrou que a proposta da denominación xa foi aprobada por unanimidade no pleno da Corporación Municipal en xaneiro de 2019 e asegurou que esta nova iniciativa acompañada por elementos gráficos pode ser un "proxecto ilusionante"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou este martes o proxecto ‘Estación Intermodal Castelao’, unha proposta que outorgaría á nova estación o nome do artista e que estaría acompañada por unha proposta gráfica que achegue aos visitantes a figura de Daniel Castelao a través de elementos tipográficos, entre outros.

Nunha rolda de prensa celebrada este martes en Santiago, a rexedora destacou a importancia de que esa denominación estea acompañada dunha proposta gráfica con determinados elementos distribuídos pola estación para que os visitantes atopen tipografía, debuxos ou frases, é dicir, “unha representación que faga que a aproximación non sexa única e exclusivamente un nome, senón moito máis”.

Neste sentido, lembrou que a proposta da denominación xa foi aprobada por unanimidade no pleno da Corporación Municipal en xaneiro de 2019 e asegurou que esta nova iniciativa acompañada por elementos gráficos pode ser un “proxecto ilusionante”.

Durante a rolda de prensa estivo acompañada polo deseñador Pepe Barro, encargado da parte gráfica da proposta , quen explicou que o labor desta será “configurar a identidade” da nova estación. Deste xeito, detallou que o anteproxecto que expón traballa sobre varias liñas gráficas.

LIÑAS DE ACTUACIÓN

Por unha banda, un logotipo colocado no exterior para convertelo no referente visual da intermodal, “letras con volume pensadas en formigón branco autocompactado”, e un rótulo coa palabra ‘Castelao’ que teñan “dous tempos de lectura”.

Ademais, como homenaxe á figura de Castelao, o artista expón colocar en diversos lugares da estación varias siluetas de Castelao que conten cun cartel cun texto en tres idiomas (español, galego e inglés) que resuma quen foi “e que termine explicando que foi o primeiro presidente da Galicia contemporánea”.

Nesta liña, detallou que tamén propón que se distribúan por diferentes puntos da estación “carteis con cadros humorísticos” do artista, tamén traducidos a varias linguas co obxectivo de que “susciten a curiosidade dos viaxeiros”.

Por último, asegurou que tamén tentarán crear un centro de interpretación na estación, “preto do espazo de espera”, nun espazo acristalado distribuído en catro áreas centradas nalgunhas das facetas do artista: humorista, escritor, político e artista.

Con todo, a rexedora compostelá asegurou que estas propostas xa se transmitiron a Adif e fixo fincapé en que espera que sexan unha realidade en 2025, “sería o momento idóneo”. Ademais, detallou que o orzamento que manexan ao redor deste proxecto é de 150.000 euros.

ÚLTIMAS

O sorteo Mi día da ONCE deixa premios por 6.000 euros no Polígono do Tambre

O sorteo Mi día da ONCE deixou no Polígono do Tambre premios por 6.000 euros, en dous boletos que premiaron...

Sanmartín apela na inauguración do Festival Intercultural da Alameda a unha “práctica activa” pola convivencia

O Festival Intercultural deu comezo hoxe na Alameda de Santiago, nun acto inaugural no...

O PP reclama a reposición da marquesiña de Santa Isabel e melloras nas paradas de bus

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, instou ao executivo municipal do...

A Área Empresarial do Tambre inaugura unha exposición con obras de Silva, Quiñoy e Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará mañá luns, 8 de setembro, unha...

O sorteo Mi día da ONCE deixa premios por 6.000 euros no Polígono do Tambre

O sorteo Mi día da ONCE deixou no Polígono do Tambre premios por 6.000 euros, en dous boletos que premiaron...

Aitor Bouza ocupará o escano de Julio Abalde no Parlamento galego

O exreitor da Universidade da Coruña (UDC) Julio Abalde será o novo subdelegado do Goberno...

O PSdeG acusa a Goretti Sanmartín de “vivir de rendas” en dous anos de mandato

O PSdeG-PSOE de Santiago considera que a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, "viviu de...