InicioECONOMÍAA Xunta lanza unha nova edición do programa Tech Kids para fomentar...

A Xunta lanza unha nova edición do programa Tech Kids para fomentar as vocacións tecnolóxicas na mocidade

O programa busca a colaboración interxeracional para resolver retos tecnolóxicos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG), anunciou o lanzamento dunha nova edición do programa Tech Kids, unha iniciativa destinada a fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade galega. Este ano, o programa desenvolverase baixo o lema “Argallando entre xeracións”, promovendo a colaboración entre distintas xeracións na resolución de retos tecnolóxicos.

As actividades comezarán mañá, mércores 28 de agosto, na aula CeMIT de Santa Comba e prolongaranse ata outubro. As sesións formativas, que serán de carácter práctico e presencial, desenvolveranse en diversas aulas CeMIT de concellos de toda Galicia. Ademais, o programa incluirá unha sesión especial o día 10 de setembro no Centro Gaiás Tech, situado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

O programa Tech Kids está dirixido a rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos, quen durante 4 horas participarán en actividades que inclúen deseño e modelado en 3D, construción e programación dun robot, e experiencias inmersivas en realidade virtual. Estas actividades buscan sentar as bases para que os participantes poidan deseñar e desenvolver, de forma voluntaria, un reto científico-tecnolóxico en equipo, integrado por persoas de diferentes xeracións.

Os proxectos resultantes destas actividades serán publicados na páxina web e nas redes sociais do programa Tech Kids – Argallando entre xeracións. Ademais, os mellores equipos e proxectos serán premiados nun acto de entrega que se celebrará no Centro Gaiás Tech a finais de outubro.

As persoas interesadas en participar no programa poden inscribirse a través da páxina web da Rede CeMIT.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

O PP abre a campaña das xerais en Santiago e Verea chama a mobilizar o partido

O Partido Popular abriu esta noite en Santiago de Compostela a campaña das eleccións...

Buscas emprego na USC? A universidade anuncia 289 prazas públicas para profesorado e persoal de administración

A renovación dos cadros de persoal das universidades públicas constitúe un dos grandes retos...

O sector asegurador reúne en Santiago a 400 profesionais para abordar os retos da dixitalización e da substitución xeracional

Compostela acolleu este xoves o XII Encontro Asegurador Galego, unha cita que reuniu arredor...

COGAMI forma en Santiago a 15 persoas de nove concellos para facilitar a súa incorporación ao mercado laboral

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) iniciou en Santiago unha nova acción...

Santiago aproba a reforma da rúa de Mallou por 1,3 millóns e avanza na regulación do comercio da Cidade Histórica

A Xunta de Goberno local aprobou este luns unha serie de acordos relacionados coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here