InicioCULTURAA USC inaugura o seu Outono Cultural con música, teatro e exposicións

A USC inaugura o seu Outono Cultural con música, teatro e exposicións

A programación inclúe unha ampla oferta de eventos abertos e gratuítos para fomentar o espírito crítico e a cultura entre a comunidade universitaria e a cidadanía

Publicado o

Xornal de Compostela

A USC abre o seu Outono Cultural cunha variada programación de actividades culturais que se desenvolverán nos campus de Santiago e Lugo durante os próximos meses. O obxectivo principal desta iniciativa é fomentar o espírito crítico e o acceso á cultura non só entre o estudantado, senón tamén entre a cidadanía en xeral, a través de eventos abertos e gratuítos.

Entre as propostas destacan a música, o teatro, as exposicións e os eventos de divulgación científica, que se combinarán con programas formativos en disciplinas como a danza, o audiovisual e as artes escénicas.

O programa musical comezará o 21 de outubro en Lugo co concerto do Dúo Gimeno-Sanchís no ciclo Músicas a Carón da Mosqueira. En Compostela, un dos eventos máis agardados será o Concerto de Nadal da Orquestra e Coro da USC, que terá lugar o 20 de decembro na Igrexa da Universidade.

No apartado de exposicións, as salas da USC en Santiago ofrecerán mostras como ‘Miradas. Mulleres na arte. Retratos de Elsa Martínez’ no Colexio de Fonseca, e outras sobre as orixes do Anime e a arte das mulleres do sur da India. Ademais, abrirase unha exposición sobre as cantantes líricas galegas dos séculos XIX e XX no Salón Artesonado de Fonseca.

O teatro tamén terá un lugar destacado con novas producións da Aula de Teatro da USC, cuxa última montaxe estrearase o 12 de decembro no Salón Teatro. No ámbito audiovisual, o campus compostelán acollerá a gravación en directo do podcast Las hijas de Felipe e a presentación da segunda tempada de Pringadas, unha serie universitaria galega.

Por último, a USC tamén ofrecerá unha ampla oferta de actividades formativas nos dous campus, incluíndo cursos de danza tradicional galega, pandeireta, tango, fotografía e videocreación, entre outros.

O Outono Cultural da USC reafirma así o seu compromiso coa divulgación cultural e a participación activa da comunidade universitaria e do público en xeral en actividades que van máis aló das aulas.

Programación do Outono Cultural da USC – USC

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Ghaleb Jaber pronunciará o pregón das festas do Apóstolo

Ghaleb Jaber Ibrahim será o encargado de pronunciar o pregón das festas do Apóstolo,...

Bala leva o seu rock ao ciclo Atardecer no Gaiás este xoves

O ciclo Atardecer no Gaiás encara os seus últimos concertos do mes de xullo coa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here