InicioSANTIAGOAMESManolo Boquete pechará os Seráns de Ames na praia fluvial de Tapia...

Manolo Boquete pechará os Seráns de Ames na praia fluvial de Tapia este xoves

O ciclo de verán rematará cun espectáculo de música, contos e humor

Publicado o

Xornal de Compostela

Este xoves, 29 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá a sétima e derradeira xornada dos Seráns de Ames, unha iniciativa cultural que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto en distintas parroquias do concello. O encargado de pechar o ciclo será o cantautor e monologuista Manolo Boquete, quen ofrecerá un espectáculo que mestura música, contos e humor a partir das 19:00 horas.

Manolo Boquete, coñecido polo seu estilo desenfadado e pola súa capacidade para interpelar ao público, promete un peche de programación cheo de risas e boa música. Ao longo do seu espectáculo, Boquete implicará ao público, creando un ambiente participativo e divertido, fiel ao espírito dos Seráns de Ames.

SERÁNS DE AMES 20

Os Seráns de Ames son unha programación de verán que celebra a súa cuarta edición, consolidándose como unha das citas culturais máis esperadas no concello. Esta iniciativa comezou no ano 2021 na praia fluvial de Tapia e, desde entón, non deixou de medrar. Este ano, ademais de Tapia, as parroquias de Bugallido, Biduído e Agrón tamén acolleron actividades dentro do programa, sumando un total de sete xornadas.

Ao longo do verán, o público puido gozar dun amplo abanico de propostas culturais, desde o pregón inaugural a cargo da xornalista e escritora amesá Paula Señarís ata as actuacións de grupos como Maianas, SR. Salvaje e Banda de Nash. Ademais, os máis pequenos disfrutaron coa foliada de Pablo Díaz e Olga Kirk e cos espectáculos “A vida tola de Pajarito” e “Varietés do Animalario”.

Con esta última actuación de Manolo Boquete, os Seráns de Ames despídense ata o ano que vén, reafirmando o seu compromiso coa cultura e coa creación de espazos de lecer para todos os públicos.

ÚLTIMAS

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here