InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

Escarlata Pampín, Xosé Luis Rivas 'Mini' e Alejandra Tojo reivindicaron a reparación das persoas represaliadas e criticaron a implicación do goberno municipal socialista nas políticas de memoria

Publicado o

Xornal de Compostela

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que representantes do BNG de Ames advertiron tamén do avance de discursos que, ao seu xuízo, buscan relativizar a ditadura e cuestionar as políticas públicas destinadas á recuperación e dignificación das persoas represaliadas.

A voceira nacionalista en Ames, Escarlata Pampín, enmarcou a lembranza das vítimas nun contexto no que considera que están a medrar posicións políticas que pretenden revisar os consensos democráticos arredor da ditadura. “Ese branqueamento non é pasado: é un aviso. Quen banaliza o franquismo está abrindo a porta á intolerancia, á violencia, á xenofobia e en definitiva, está ameazando á democracia e ós dereitos humanos”, afirmou.

Na mesma liña pronunciouse Xosé Luis Rivas ‘Mini’, que vinculou a conservación da memoria histórica coa aplicación da Lei de Memoria Democrática, as exhumacións e a recuperación dos restos e das historias das persoas asasinadas tras o golpe de Estado de 1936.

“Agora, noventa anos despois, séntense incómodos coa lei de Memoria Democrática, con isto das exhumacións e con que queiramos recuperar e render memoria e recoñecemento a quen foron asasinados vil e covardemente”, sinalou.

Rivas defendeu que as institucións e a sociedade teñen unha responsabilidade coa investigación e o recoñecemento do ocorrido durante a represión. “Cumprimos e cumpriremos coa nosa obriga para coa verdade. Ningún crime debe quedar sen castigo, que alomenos teña a carga de censura que unha sociedade democrática debe exercer sobre os verdugos”, engadiu.

CRÍTICAS AO GOBERNO MUNICIPAL DE AMES

Durante o acto, Pampín dirixiu tamén críticas ao goberno local do PSOE de Ames, ao que reprochou unha insuficiente participación nas iniciativas vinculadas á recuperación da memoria das vítimas.

“Sorpréndenos e dóenos a falta de implicación do goberno do PSOE amesán que semella non entender a importancia de dignificar esta memoria colectiva”, asegurou a voceira do BNG.

Pampín insistiu en que a formación nacionalista manterá este asunto entre as súas reivindicacións políticas e sociais no municipio. “Porque nós non imos aceptar o silencio que outros permiten. Mentres teñamos voz, non haberá esquecemento nin impunidade”, manifestou.

O acto incorporou igualmente unha dimensión familiar da represión a través da intervención de Alejandra Tojo, que lembrou o asasinato do seu bisavó en agosto de 1936 e evocou tamén os coñecidos como ‘Homiños de Boimorto’.

“Din que, mentres un non esqueza a alguén, seguirá vivo dalgún xeito. A mediados de agosto do 36 asasinaron a meu bisavó. Asasinaron aos ‘Homiños de Boimorto’. Noventa anos despois son inmortais”, afirmou.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here