InicioPOLÍTICAVerea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito...

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O popular defende reclamar á Xunta e ao Goberno cando sexa necesario, pero tamén buscar acordos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no medio do conflito arredor dos fondos estatais para vivenda en zonas tensionadas. “Raxoi ten que ser a casa das solucións, non o escenario da confrontación”, subliñou tras a reunión mantida este venres pola rexedora compostelá e a coruñesa no Pazo de Raxoi.

Segundo trasladou o PP local nunha nota de prensa, Verea reivindicou unha maneira “diferente” de entender as relacións do Concello co resto das administracións. A reunión produciuse despois do cruzamento de declaracións entre a Administración autonómica e as autoridades locais tras o anuncio de 5,3 millóns de euros do Ministerio de Vivenda para as zonas de mercado residencial tensionado. Ao fío disto, a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, indicou que non entenden que estes fondos teñan que destinarse só ás cidades que solicitaron a declaración de zona tensionada.

Neste contexto, o popular sinalou que un alcalde debe defender Santiago e reclamar á Xunta ou ao Goberno de España cando sexa necesario, ao formar parte da súa “responsabilidade”. Con todo, diferenciou esta defensa da cidade de “converter a confrontación entre administracións nunha forma de facer política”. Para Verea, Santiago precisa unha relación institucional baseada na esixencia “cando sexa precisa”, pero tamén no diálogo e na capacidade de alcanzar acordos.

“Quero un concello que reclame cando teña que reclamar, pero que tamén dialogue, acorde e resolva. Que dedique as súas enerxías a buscar solucións aos problemas dos santiagueses”, remarcou. Verea insistiu así na importancia de saber falar con quen pensa diferente e defendeu que o Concello compostelán recupere o seu papel como espazo desde o que construír acordos e resolver os problemas da cidade.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...