InicioSANTIAGOSantiago aprobará unha declaración institucional a favor das persoas afectadas por ELA

Santiago aprobará unha declaración institucional a favor das persoas afectadas por ELA

Publicado o

Xornal de Compostela

O pleno do Concello de Santiago ten previsto aprobar este xoves, na sesión ordinaria do mes de maio, unha declaración institucional subscrita por todos os grupos municipais en apoio ás persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA) que busca impulsar a tramitación da proposición da Lei ELA.

Na declaración, o catro grupos municipais instan á tramitación desta proposición para que “as persoas afectadas por esta cruel enfermidade, familiares e coidadoras, sexan amparadas, en igualdade de trato co resto de persoas enfermas de calquera patoloxía, coa cobertura sociosanitaria que necesitan para poder vivir con dignidade”.

Para isto, a corporación quere “empregar a súa voz para facer chegar unha petición alta e clara ás Cortes Xerais españolas” para que dea os pasos necesarios para “evitar a morte innecesaria e inxusta de persoas enfermas, o esgotamento dos recursos propios e familiares na súa atención e a desesperación das afectadas”.

Así, entende que esta nova norma “non pode volver ser anulada por trámites burocráticos, por dejamiento lexislativo ou por establecemento doutras prioridades” e recoñece que, a pesar de non contar coas competencias sanitarias, os municipios, “como entidades públicas máis próximas á realidade cotiá da súa poboación” non poden nin deben “dar as costas a aqueles que máis precisan” do compromiso público “para superar o seu día a día”.

TRABALLO DE ASOCIACIÓNS

Do mesmo, segundo trasladou o Goberno local, a declaración tamén recoñece o traballo realizado polas asociacións de persoas afectadas e entidades colaboradoras e, en concreto, da asociación AGAELA.

Por todo isto, o Concello comprométese nesta declaración a instar o Estado a que “proceda á tramitación de maneira preferente, urxente e prioritario dunha proposición de lei que recolla as mellores achegas de cada unha das normas aprobadas”, e á Deputación da Coruña e á Xunta para que, dentro do ámbito das súas competencias, “teñan en conta as necesidades do colectivo de pacientes e familiares á hora de deseñar, implementar e aplicar políticas que poidan incidir na mellora da calidade de vida das persoas afectadas”.

Tamén expresa a súa intención de “continuar prestando apoio público á reivindicación legal contida nesta moción, ata o momento en que a norma sexa publicada e entre en vigor”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...