InicioSOCIEDADEPromoven unha recollida de sinaturas para manter o Máster en Matemáticas tras...

Promoven unha recollida de sinaturas para manter o Máster en Matemáticas tras ser suprimido pola Xunta

A universidade, contraria á decisión da Xunta de non declaralo titulación 'singular', traballa en facelo máis atractivo para o curso 2026/27

Publicado o

Xornal de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) non poderá impartir o Máster en Matemáticas durante o curso 2025/26 por non alcanzar o número mínimo de alumnos que marca a normativa. Trátase dunha decisión tomada pola Xunta e elevada ao Consello Xeral de Política Universitaria nunha reunión anual mantida en Madrid, que se encarga de pechar a oferta de titulacións para o conxunto do sistema universitario en España.

A Consellería de Eduación, Ciencia, FP e Universidades explica, en declaracións a Europa Press, que esta consecuencia se debe á “escasa demanda” do mesmo. Con todo, esta decisión atopou oposición entre alumnado e profesorado agrupado na plataforma ‘En Defensa do Mestrado de Matemáticas’, que recadou xa 2.500 firmas e presentará un recurso de alzada.

Segundo lembra o departamento do Executivo galego, pactáronse no seu momento uns requisitos mínimos para poder ofertar títulos universitarios, plasmados no Decreto de titulacións de 2011. No caso dos másteres que non teñen carácter interuniversitario, inicialmente estableceuse un mínimo de 20 alumnos matriculados para poder ofertarse.

Posteriormente, esa esixencia rebaixouse: durante os últimos tres anos do máster, debe haber polo menos unha media de 16 alumnos matriculados. “Cifra que, subliñamos, foi acordada coas tres universidades públicas galegas”, insiste o Goberno galego. No caso do Máster en Matemáticas, esta casuística non se cumpre, xa que a media actual dos últimos anos está en 12 alumnos.

“Atendendo a este requisito obxectivo e pactado coas universidades, o próximo curso non se vai a ofertar debido á escasa demanda do mesmo”, explica a Consellería. En calquera caso, o alumnado que actualmente o está cursando, poderá acabalo e isto tampouco implica que non se poida volver impartir para o curso 2026/27, no caso de que si se cubrise o mínimo de matrículas.

Con todo, hai unha excepción coa que o máster quedaría exento de estar suxeito a estas condicións: recibir a declaración de ‘singularidade’ por parte da Xunta. A pesar de que o máster a solicitou durante varios anos, foille denegada, por última vez nunha resolución datada o pasado 30 de abril.

2.500 FIRMAS

Neste contexto, máis de cen persoas –entre estudantes, investigadores e profesorado– participaron o luns nunha asemblea aberta celebrada na Facultade de Matemáticas, que denunciou a decisión que achacan á Xunta de “pechar” esta titulación, “a única que ofrece formación avanzada en matemáticas”.

A plataforma ‘En Defensa do Mestrado de Matemáticas’ esgrime que a decisión de non ofertar prazas, afectada pola non otorgación da ‘singularidade’, “non se sustenta en ningunha avaliación técnica transparente, e afecta a un máster que é referente en excelencia científica e único no seu ámbito en Galicia”. Na mesma asemblea aprobouse realizar un recurso de alzada para que a Consellería rectifique a súa decisión. Así mesmo, recadan firmas para mostrar o seu rexeitamento, de forma que xa lograron máis de 2.500.

Ademais, a plataforma en contacto con deputados do Parlamento galego para que esta cuestión chegue ao pleno.

A USC APOSTA POLA CONTINUIDADE

Por parte da universidade, a vicerreitora de Titulacións, María José López Couso, lamenta esta decisión porque implica a perda dunha titulación “diferente” aos outros dous másteres da Facultade de Matemáticas de Santiago –en Matemática Industrial e en Técnicas Estatísticas–, porque está máis orientada cara á investigación.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...