InicioSUCESOSMorre unha persoa en Ames tras chocar o seu vehículo cun camión

Morre unha persoa en Ames tras chocar o seu vehículo cun camión

Publicado o

Xornal de Compostela

Unha persoa faleceu este xoves tras chocar o vehículo no que viaxaba cun camión no municipio coruñés de Ames. O falecido era o único ocupante do vehículo. Segundo informou o 112, o servizo recibiu o aviso ao redor das 20.15 horas. Tal e como indicaban os alertantes, un coche e un camión chocaran no quilómetro 2 da AC-544, co condutor do turismo sen poder saír tras o impacto.

O 112 deu aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Tras a chegada dos servizos de emerxencias, estes confirmaron que o condutor de coche perdera a vida, sen que nada se puidese facer por evitalo.

Ademais, os membros do GES de Brión indicaron que sería necesario o uso do material de excarceración para liberar ao falecido.

ÚLTIMAS

Rosón e os edís non adscritos reiteran que só apoiarían unha moción de censura se ela fose a candidata

Os catro edís non adscritos do Concello de Santiago —Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagres...

A Xuntanza de Empresarios de Ames recibe o recoñecemento oficial como Centro Comercial Aberto

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este martes, 7 de outubro, no...

Acordo entre arcebispado de Santiago co Meadows Museum en Dallas para expor pezas da Catedral en 2027

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, asinou en Dallas (Estados Unidos) un...

A Catedral de Santiago levará parte do seu patrimonio artístico ao Meadows Museum de Dallas en 2027

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, atópase estes días en Dallas (EE....

A Xuntanza de Empresarios de Ames recibe o recoñecemento oficial como Centro Comercial Aberto

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este martes, 7 de outubro, no...

UCIN Ames reclama a creación dun PAC e máis medios sanitarios para O Milladoiro

A agrupación UCIN Ames denunciou a situación “deficitaria” que atravesa o Centro de Saúde...

Un traballador sofre “graves lesións en brazos e pernas” tras un ataque dun pitbull no refuxio de Bando

UXT denunciou que un can de raza pitbull atacou a un traballador do refuxio...