InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOA Catedral de Santiago levará parte do seu patrimonio artístico ao Meadows...

A Catedral de Santiago levará parte do seu patrimonio artístico ao Meadows Museum de Dallas en 2027

O arcebispo Francisco Prieto asina un acordo de colaboración coa institución estadounidense no marco do próximo Ano Santo Compostelán

Publicado o

Xornal de Compostela

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, atópase estes días en Dallas (EE. UU.) para formalizar un acordo de colaboración co Meadows Museum, institución coa que a Igrexa compostelá mantén relacións culturais desde hai anos.

O convenio, asinado como continuidade do rubricado o pasado 25 de setembro en Santiago, permitirá organizar unha gran exposición no ano 2027, coincidindo co Ano Santo Compostelán, que mostrará nos Estados Unidos unha selección destacada das mellores pezas artísticas da Catedral de Santiago.

Xunto ao arcebispo participan nesta viaxe o deán da Catedral, Manuel Jesús Formoso; o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo, e o director técnico do Museo da Catedral, Ramón Yzquierdo, que supervisarán os detalles técnicos e curatoriais da futura mostra.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

O Consorcio de Santiago adxudica por máis de 82.000 euros a restauración do Arco de Mazarelos

O Consorcio de Santiago adxudicou por 82.382,42 euros, IVE incluído, os traballos de restauración...

Un libro percorre 31 cúpulas de Santiago para descubrir o patrimonio arquitectónico menos visible da cidade

Santiago de Compostela conta cun patrimonio arquitectónico que vai máis alá das fachadas e...

(VÍDEO) Para historia de terror, a que Compostela ten baixo terra en Boisaca

A historia imaxinada dá paso aos feitos documentados. Segundo os datos recollidos polo proxecto...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here