InicioSANTIAGOAMESA Xuntanza de Empresarios de Ames recibe o recoñecemento oficial como Centro...

A Xuntanza de Empresarios de Ames recibe o recoñecemento oficial como Centro Comercial Aberto

A distinción da Xunta de Galicia consolida a XEA como motor de dinamización económica e social no municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este martes, 7 de outubro, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o acto de presentación do seu recoñecemento oficial como Centro Comercial Aberto (CCA), un distintivo outorgado pola Xunta de Galicia que acredita a consolidación da entidade como referente do comercio de proximidade e da dinamización económica local.

O evento contou coa presenza do presidente da XEA, Ramón Cordido; do alcalde de Ames, Blas García; e do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén Castro. Todos coincidiron en destacar a relevancia deste selo para o tecido empresarial amesán e o seu papel no impulso dun modelo comercial máis colaborativo, profesional e sostible.

Ramón Cordido subliñou que o recoñecemento “é o resultado do traballo conxunto de moitos empresarios e empresarias de Ames que cren nun comercio próximo e competitivo”. Engadiu que o obxectivo acadado “vén de lonxe e é froito da continuidade entre directivas: só unidos os pequenos nos volvemos grandes”.

Pola súa parte, o alcalde Blas García valorou o “papel fundamental de XEA na creación de comunidade arredor do pequeno comercio” e destacou que “os autónomos fan posible que Ames siga avanzando”. Tamén apelou á “política construtiva e ao diálogo como ferramentas para acadar acordos beneficiosos para a veciñanza”.

O director xeral Gabriel Alén agradeceu o esforzo da XEA e sinalou que a súa incorporación ao mapa galego dos máis de 50 Centros Comerciais Abertos é “unha mostra do compromiso co desenvolvemento económico local”. Ademais, anunciou que a Xunta fará “un foco especial na formación das xerencias dos centros”, ao consideralas “pezas esenciais para a boa xestión”.

Entre as iniciativas recentes impulsadas pola entidade, Alén destacou os Bonos Xeames, lanzados este mes de outubro para fomentar as compras no comercio local. Estes bonos permiten adquirir produtos cun desconto directo de 10 euros sobre un valor total de 50, e poderán empregarse ata o 31 de outubro nos establecementos asociados.

O selo de Centro Comercial Aberto permitirá á XEA acceder a novas liñas de apoio e subvencións autonómicas, centradas na dixitalización, mellora da imaxe urbana, promoción conxunta e formación para os negocios adheridos.

O acto concluíu cun momento lúdico con música en directo a cargo de Soundweaver e un pequeno ágape, simbolizando o espírito de colaboración e celebración que caracteriza á asociación empresarial amesá.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here