InicioSANTIAGOAMESUCIN Ames reclama a creación dun PAC e máis medios sanitarios para...

UCIN Ames reclama a creación dun PAC e máis medios sanitarios para O Milladoiro

A formación denuncia o “abandono sanitario” dun núcleo de 15.000 habitantes e pide medidas urxentes para garantir unha atención digna

Publicado o

Xornal de Compostela

A agrupación UCIN Ames denunciou a situación “deficitaria” que atravesa o Centro de Saúde do Milladoiro, un núcleo que supera os 15.000 habitantes e que tamén atende a veciños e veciñas das parroquias próximas. A formación considera que o crecemento demográfico da zona fai imprescindible reforzar os servizos sanitarios e rematar co que cualifican como unha situación de “abandono”.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, lembrou que o actual centro “naceu con carencias e segue sen cubrir as necesidades básicas da veciñanza”. “É inxusto que un núcleo tan importante non conte cun Punto de Atención Continuada (PAC). Pedimos máis medios, máis persoal e que se trate ao Milladoiro coa dignidade que merece”, afirmou.

Entre as medidas urxentes que reclama o partido figuran a creación dun PAC con servizo de urxencias, o incremento de persoal médico e pediátrico, a mellora dos accesos e das zonas de estacionamento, así como a limpeza dos terreos exteriores, que segundo denuncian se atopan “cheos de maleza e sen coidado”.

UCIN critica tamén as “promesas incumpridas” das administracións autonómica e municipal, ás que acusa de non materializar as melloras anunciadas. “Non pedimos nada extraordinario, senón sentido común. Se outros concellos con menos poboación teñen PAC, por que aquí non?”, cuestionou Calo, lembrando que “a sanidade pública é un dereito e non un privilexio”.

A formación amesá comprométese a seguir dando voz ás demandas da veciñanza e reclama que tanto o Goberno local como a Xunta de Galicia actúen de forma inmediata para garantir unha atención sanitaria de calidade no Milladoiro.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here