InicioPOLÍTICARosón e os edís non adscritos reiteran que só apoiarían unha moción...

Rosón e os edís non adscritos reiteran que só apoiarían unha moción de censura se ela fose a candidata

Guinarte (PSOE) descarta "máis enredos" e nega calquera apoio a un goberno do PP

Publicado o

Xornal de Compostela

Os catro edís non adscritos do Concello de Santiago —Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagres Castro e Marta Álvarez— reafirmaron a súa negativa a facilitar a chegada do Partido Popular á Alcaldía compostelá. Nun comunicado conxunto, advertiron que “só apoiarían unha moción de censura na que Mercedes Rosón fose candidata”, descartando calquera acordo que situase ao popular Borja Verea á fronte do Goberno local.

“Nós temos un contrato asinado coas persoas que nos votaron, que é o noso programa electoral, e está nas antípodas do programa do señor Verea”, sinalaron. O concelleiro Gonzalo Muíños engadiu que, “por coherencia coa palabra dada”, a única alternativa que considerarían sería unha moción encabezada por Rosón, á que definiu como “a única candidata posible das non adscritas ao actual goberno municipal”.

Muíños cualificou de “incomprensible” o “esforzo estéril dalgunhas persoas por insuflar” o debate sobre unha posible moción de censura, un asunto que, ao seu xuízo, “está superado desde hai tempo”. Defendeu que o grupo de non adscritos “non se sente interpelado” e que a cidadanía “o que quere é que traballemos para mellorar os servizos públicos, impulsar proxectos e exercer unha oposición esixente, pero útil e construtiva”.

Aínda que recoñece que o goberno de Goretti Sanmartín “peca de soberbia vista a deficiente xestión”, Muíños deixou claro que o seu grupo “non vai entrar en debates de cadeiras nin de brazos”. “Queremos falar de vivenda, de servizos públicos e de investimentos nos barrios e parroquias; o resto deixámosllo a outros”, afirmou.

O PSOE REXEITA ENTRAR “EN MÁIS ENREDOS”

Pola súa banda, o portavoz do PSOE no Concello, Gumersindo Guinarte, rexeitou este venres “entrar en máis enredos” ao ser preguntado pola situación. Xunto á concelleira Marta Abal, insistiu en que os socialistas non participarán en ningunha moción de censura que derive nun goberno do Partido Popular.

“Estamos na oposición, facendo unha oposición construtiva, pero entre iso e favorecer un goberno do PP hai un abismo”, concluíu Guinarte.

ÚLTIMAS

Santiago celebra o primeiro salón galego do videoxogo con máis de cincuenta proxectos e récord de participación

O Palacio de Congresos de Santiago acolleu esta fin de semana o Píxel á...

O Compos deixa escapar a vitoria en Vilalba cun penalti no tempo engadido

A SD Compostela non puido sumar unha nova vitoria no seu desprazamento a Vilalba,...

A veciñanza de San Lourenzo denuncia que tras a apertura da Sala Malatesta regresaron “os problemas de sempre”

A reapertura da Sala Malatesta, na rúa de San Lourenzo, volveu espertar o malestar...

Borja Verea acusa o goberno de Goretti Sanmartín de “neglixencia” e de poñer “en risco a vida dos santiagueses”

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lanzou unha dura crítica contra...

Borja Verea acusa o goberno de Goretti Sanmartín de “neglixencia” e de poñer “en risco a vida dos santiagueses”

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lanzou unha dura crítica contra...

Goretti Sanmartín convida ao novo alcalde de Nova York, Zohran Mamdani, a visitar Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, fixo público este sábado un vídeo...

O PSdeG critica o atraso do párking do CHUS e acusa a Xunta de “incumprir os prazos comprometidos”

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que o...