InicioCULTURAAcordo entre arcebispado de Santiago co Meadows Museum en Dallas para expor...

Acordo entre arcebispado de Santiago co Meadows Museum en Dallas para expor pezas da Catedral en 2027

Este acordo é continuación do asinado o pasado 25 de setembro en Santiago, segundo explica a Catedral de Santiago nun comunicado.

Publicado o

Xornal de Compostela

O arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco Prieto, asinou en Dallas (Estados Unidos) un acordo co Meadows Museum para expor neste centro de Texas pezas da Catedral compostelá nunha gran mostra en 2027.

Este acordo é continuación do asinado o pasado 25 de setembro en Santiago, segundo explica a Catedral de Santiago nun comunicado.

Xunto ao Arcebispo atópanse en Dallas o deán da Catedral, Manuel Jesús Formoso, o director da Fundación Catedral de Santiago, Daniel Lorenzo, e o director técnico do Museo Catedral de Santiago, Ramón Yzquierdo.

Entre outras iniciativas, este acordo permitirá expor no Meadows Museum unha ampla selección de importantes pezas artísticas conservadas na Catedral de Santiago, como parte dunha gran exposición que se organizará en entre febreiro e maio de 2027, Ano Santo Compostelán.

O Museo Meadows de Dallas, que este ano celebra o seu 60 aniversario, é o principal museo de arte española en EE.UU. Segundo os organizadores da mostra, a selección reunirá “ao redor de 70 pezas, entre restos arqueolóxicos, esculturas, pinturas, manuscritos e obxectos documentais”.

ÚLTIMAS

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Abre ao tráfico o primeiro treito da prolongación da AG-59 entre Santiago e A Estrada

A prolongación da autovía AG-59, entre Santiago e A Estrada, porá este mércores, 22...