InicioSANTIAGOReunión de expertos en tecnoloxía cuántica para debater os retos dun sector...

Reunión de expertos en tecnoloxía cuántica para debater os retos dun sector no que Galicia busca ser “referente”

O evento estivo organizado por Fujitsu, coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Xunta de Galicia.

Publicado o

Xornal de Compostela

Ao redor de 300 expertos en investigación cuántica de máis de 10 países reuníronse durante este mércores e xoves en Santiago de Compostela para abordar os retos e potencialidades das tecnoloxías cuánticas, nas que Galicia “busca ser referente”.

Fixérono no ‘International Quantum Business Conference’, evento organizado por Fujitsu, coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Xunta de Galicia.

Este xoves, o Edificio Fontán acolleu as últimas mesas de debate e clausúraa oficial, á que asistiron o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez; o director de Produto de Fujitsu España, Gonzalo Romeo; e o director do Cesga, Lois Orosa, entre outros.

“Este é un evento que marca un antes e un despois para a tecnoloxía cuántica para España, para Galicia”, asegurou Romeo, que destacou ademais os participantes “de todo tipo” que acudiron a Santiago, de máis de 10 países diferentes. Ademais, emprazou ademais aos asistentes a volver na edición do ano que vén.

Ao mesmo convidou o conselleiro, que animou ademais aos participantes — “o 80% de fóra de Galicia” — a quedar todo o fin de semana en Santiago e gozar do patrimonio cultural da capital.

“Unha das nosas pretensións é acertar con decisións. E neste ámbito, a gran esperanza é poder desenvolver un proxecto de presente e de futuro que redunde no ben de Galicia”, explicou.

GALICIA, “REFERENTE”

Subliñou tamén o potencial destas tecnoloxías que “permitirán avanzar na resolución de problemas complexos que os computadores tradicionais non son capaces; acelerar o desenvolvemento doutras tecnoloxías; mellorar a competitividade dos distintos sectores, e contribuír ao benestar social”.

Así mesmo, reivindicou o carácter “pioneiro” de Galicia, con infraestruturas como o QMIO, o ordenador cuántico do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), o máis potente do Sur de Europa instalado nunha institución pública.

Por último, lembrou que para avanzar nas tecnoloxías cuánticas resulta “clave” a colaboración constante entre todos os axentes especializados co fin de “aproveitar ao máximo as súas capacidades”.

Para iso, comentou, Galicia constituíu unha Rede Galega de Tecnoloxías Cuánticas, formada polos distintos axentes do ecosistema galego de I+D+i, co obxectivo de “deseñar unha folla de ruta común que impulse a industria e o capital humano”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...