InicioSUCESOSRouban a plena luz do día portas e xanelas dun local público...

Rouban a plena luz do día portas e xanelas dun local público de Vedra

Publicado o

Xornal de Compostela

Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro (Ames) investigou a dous homes, veciños da Coruña de 21 e 22 anos de idade, como presuntos autores dun delito de furto, polo roubo de varias portas e xanelas instaladas nun local de titularidade municipal e uso público, situado na parroquia de San Xulián de Sales, no municipio de Vedra.

Segundo explican nun comunicado, os feitos remóntanse ao pasado 26 de xaneiro, cando en plena luz do día foron subtraídas varias portas de dobre folla e xanelas de aluminio lacado, valoradas en conxunto en 12.000 euros.

A denuncia foi interposta dous días despois, o 28 de xaneiro, no Posto da Garda Civil de Lestedo, o que deu inicio a unha investigación conxunta entre ambas as unidades. Durante o transcurso das dilixencias, os axentes realizaron distintas actuacións de investigación para o esclarecemento dos feitos. Grazas a estas xestións, foi posible identificar o vehículo utilizado para o transporte dos obxectos subtraídos.

A identificación dos usuarios habituais do mesmo — distintos do titular do vehículo- – supuxo unha dificultade engadida, pero permitiu finalmente sinalar aos presuntos autores. Ambos os individuos foron localizados e citados para comparecer en dependencias da Garda Civil en Milladoiro, onde prestaron declaración en calidade de investigados. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Sanmartín xustifica a demora na taxa turística, alegando que “hai que escoitar ao sector”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, xustificou este luns que o prazo para a...

O Concello esixe á familia Franco que asuma os custos do traslado das estatuas do Mestre Mateo

O Concello de Santiago deu este luns un paso importante na recuperación das estatuas...

A piscina do Milladoiro continúa pechada por reparacións tras o desprendemento do liner

A piscina municipal do Milladoiro, no concello de Ames, segue pechada tras a incidencia...

Alba Mourelle imponse en todas as categorías do Baila con Ames 2025

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o pasado venres 18 de...

A piscina de Vedra abre este martes para a tempada de verán 2025

A piscina municipal de Vedra, situada no lugar de Fornelos, abrirá as súas portas...

A innovación colaborativa protagoniza a ‘Local Creative Jam’ de Vedra

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela reuniu os días 6 e 7...

Excarceran a un condutor en Vedra que saíu da vía e caeu por un terraplén

Un home tivo que ser excarcerado este sábado tras saírse da vía e caer...