InicioSANTIAGOVEDRAA piscina de Vedra abre este martes para a tempada de verán...

A piscina de Vedra abre este martes para a tempada de verán 2025

O recinto municipal de Fornelos permanecerá operativo ata o 31 de agosto con diferentes tarifas e bonos para veciñanza e visitantes

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A piscina municipal de Vedra, situada no lugar de Fornelos, abrirá as súas portas este martes 1 de xullo, dando comezo á tempada de baño que se estenderá ata o 31 de agosto. O recinto funcionará en horario de 15:00 a 21:00 de luns a venres, mentres que as fins de semana e festivos o acceso estará dispoñible desde as 16:00 ata as 21:00.

O Concello de Vedra mantén unha estrutura de tarifas diferenciada segundo o empadroamento. As persoas empadroadas no municipio poderán acceder con prezos reducidos: entrada gratuíta para menores de 6 anos, 1 euro para menores de 14 e maiores de 65, e 2 euros para o resto. Pola súa parte, os usuarios non empadroados deberán abonar 1 euro no caso de menores de 6 anos, 2 euros para menores de 14 e maiores de 65, e 3 euros para maiores de 14 anos.

Para quen opte por facer uso habitual das instalacións, están dispoñibles bonos de 12 ou 20 baños, cunha tarifa que varía tamén segundo a idade e se a persoa está ou non empadroada. Por exemplo, un menor empadroado pode adquirir un bono de 20 baños por 8 euros, fronte aos 16 euros que pagaría un menor non empadroado polo mesmo número de accesos. Os bonos para persoas adultas oscilan entre 10 e 30 euros.

Ademais, ofrécense abonos individuais e familiares. As familias empadroadas en Vedra poderán acceder durante toda a tempada por 36 euros, mentres que as de fóra do municipio deberán pagar 100 euros. No caso dos abonos individuais, os prezos son de 30 euros para persoas empadroadas e 80 euros para as non empadroadas.

Un ano máis, a piscina organiza tamén cursos de natación dirixidos tanto a menores como a adultos. A inscrición farase na propia piscina durante a primeira semana de apertura, e será preciso contar cun abono individual ou familiar. O custo dos cursos é de 7 euros para menores de 14 anos e 13 euros para maiores.

ÚLTIMAS

Un grupo cidadán convoca un acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz na Casa das Máquinas

O grupo promotor dun acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz presentou este xoves...

O BNG leva ao Parlamento a problemática dunha planta de residuos en Cacheiras

A oposición veciñal á localización en Cacherias, no municipio coruñés de Teo, dunha planta...

Verea critica a paralización das obras na rúa García Lorca e reclama explicacións ao Goberno local

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, visitou a rúa García Lorca...

Sanmartín defende o papel do Concello na captación de rutas e pide máis implicación da Xunta no aeroporto compostelán

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, respondeu ás críticas formuladas por Partido Popular e...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

A Xunta e o Concello de Vedra asinan un convenio para mellorar a escola infantil municipal

A Xunta de Galicia e o Concello de Vedra veñen de asinar un convenio...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here