InicioSUCESOSExcarceran a un condutor en Vedra que saíu da vía e caeu...

Excarceran a un condutor en Vedra que saíu da vía e caeu por un terraplén

Foi o único implicado no accidente

Publicado o

Xornal de Compostela

Un home tivo que ser excarcerado este sábado tras saírse da vía e caer por un terraplén cun vehículo en Vedra. Foi o único implicado. Segundo informou o 112, o accidente rexistrouse despois das 11.30 horas, no quilómetro 7 da DP-8203. Foi un particular o que se puxo en contacto co servizo de emerxencias e trasladou que un coche caera por un pequeno barranco, de maneira que quedou envorcado, co condutor ferido e sen ser capaz de saír del.

O 112 compartiu a información con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cos bombeiros de Ordes, co GES de Brión e coa Garda Civil de Tráfico. Os membros do GES tiveron que empregar material de excarceración para liberar á vítima, que logo sería atendida na ambulancia polo persoal sanitario.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un camioneiro falece tras saírse da vía na AP-53 ao seu paso por Vedra

Un camioneiro faleceu este venres nun accidente de tráfico rexistrado na AP-53, ao seu...

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...