InicioSOCIEDADERaxoi prevé que a taxa turística comece a funcionar este verán

Raxoi prevé que a taxa turística comece a funcionar este verán

O Concello decidirá en que se investirá o 20 %, mentres que o 80 % restante acordarase co sector

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago prevé que o imposto sobre estancias turísticas, coñecido como taxa turística, empece a funcionar este verán. Así o confirmaron este venres a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e o concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César Vila, tras reunirse con representantes de asociacións empresariais, colectivos profesionais, partidos políticos, sindicatos e asociacións culturais e veciñais.

Neste sentido, Louzao destacou que foi unha reunión “moi produtiva e moi necesaria” e aproveitou para avanzar que a intención do Concello é facer realidade esta recarga “canto antes” e que están a traballar coa previsión de tela operativa este verán. Segundo explicaron ambos os concelleiros, as entidades puideron coñecer de primeira man o borrador da Ordenanza fiscal reguladora da recarga municipal sobre o imposto autonómico ás estancias turísticas e os principais criterios para crear o Foro de Turismo Sustentable, que será o novo órgano de participación e gobernación en materia turística.

A continuación, detallaron que o obxectivo desta reunión era recoller opinións e suxestións das entidades, que se centraron principalmente en cuestións relacionados coa forma de cobro da recarga por parte dos establecementos de aloxamento turístico e co destino dos fondos recadados e a súa repercusión para os veciños e para o sector. Pola súa banda, o responsable de Facenda do Concello subliñou que o documento presentado este venres “está xa moi traballado”, polo que asegurou que “en canto finalice o período de consulta previa e se incorporen as suxestións que procedan”, continuarase co procedemento para levar a ordenanza a aprobación plenaria.

RECADACIÓN

Sobre a recadación, o concelleiro de Facenda lembrou que, segundo recollen os orzamentos de 2025, a previsión é de 2,6 millóns de euros. “O que queremos co recadado é equilibrar a diferenza que hai entre os gastos que ten un Concello pequeno como Compostela con eses gastos que provoca o impacto que ten a cantidade de persoas que nos visitan en relación ao número de persoas que habitan Compostela“, sinalou Louzao. Neste contexto, ante as preguntas dos medios, a concelleira explicou o destino da recadación e asegurou que o Concello decidirá en que se investirá o 20 %, mentres que o 80 % restante acordarase co sector.

FORO DE TURISMO SUSTENTABLE

En relación á creación do Foro de Turismo Sustentable, Louzao explicou que se concibe como un “espazo de diálogo, colaboración e asesoramento da política turística municipal en xeral”, entre cuxas funcións explicou que se incluirán aquelas relativas ao destino da recarga municipal sobre o imposto. Este Foro incrementará o número de membros –respecto ao Consello Municipal de Turismo– e variará as funcións e a periodicidade para formar un foro “estable, cun funcionamento regulado e con carácter consultivo”. Con todo, Louzao lembrou que tanto para a ordenanza fiscal como o Foro de Turismo estarán abertas as consultas previas no portal web do Concello ata o día 7 de abril.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...