InicioSen categorizarA Cámara de Comercio de Santiago impulsa un plan formativo para o...

A Cámara de Comercio de Santiago impulsa un plan formativo para o sector comercial

O programa ofrece 15 cursos sobre dixitalización, márketing e xestión, dirixido a autónomos, desempregados e persoas do sector comercial

Publicado o

Xornal de Compostela

A Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, lanzará un plan formativo destinado a mellorar a competitividade do sector comercial. O programa, que comeza o 16 de setembro, ofrece un itinerario con 15 accións formativas dirixidas a autónomos, desempregados e maiores de 45 anos, entre outros. O obxectivo é proporcionar aos profesionais do comercio ferramentas para adaptarse á transformación dixital e modernización do sector.

O plan inclúe cursos de competencias dixitais, márketing en redes sociais, facturación electrónica e xestión de residuos sostibles, entre outros. Os cursos realizaranse a través de teleformación, cun sistema de titorización personalizada. Máis de 220 persoas poderán participar nestas accións, cuxas inscricións xa están abertas na web da entidade (www.camaracompostela.com).

ÚLTIMAS

Santiago reunirá 200 profesionais da industria aeroespacial nun congreso internacional os días 28 e 29 de outubro

Santiago de Compostela converterase os próximos 28 e 29 de outubro nun punto de...

Rozas confirma que o novo contrato do SAF non estará operativo o 31 de outubro e que o Concello traballa nos orzamentos de 2027

A tenenta de alcaldesa de Santiago de Compostela e portavoz de Compostela Aberta no...

Santiago abre este xoves unha nova edición dos orzamentos participativos para que a mocidade decida o destino de 10.000 euros

O Concello de Santiago de Compostela iniciará este xoves, 15 de outubro, unha nova...

O Festival Imperdible reúne en Santiago a Lucía Veiga e artistas da improvisación galega e internacional ata o 18 de outubro

O Festival Imperdible encara a última parte da súa sexta edición cunha serie de...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

Un estudo sobre o canco colorrectal do CHUS-IDIS recibe un dos Premios DISCOVERGI

A doutora Nieves Martínez Lago, do Servizo de Oncoloxía Médica do Complexo Hospitalario Universitario...

Erguer convoca unha asemblea na Facultade de Dereito tras a aprobación dos novos horarios do grao

O sindicato estudantil Erguer vén de convocar unha asemblea aberta do estudantado da Facultade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here