HomeSANTIAGOTEOFaise oficial a venda da casa familiar onde Asunta foi asasinada

Faise oficial a venda da casa familiar onde Asunta foi asasinada

A finca de Teo onde os pais de Asunta mataron á menor foi vendida pola herdeira de Rosario Porto tras máis dunha década á venda e tras o recente éxito da serie estreada por Netflix sobre o caso

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Tras máis dunha década de abandono, a herdeira de Rosario Porto conseguiu pechar a venda da casa situada en Montouto, onde se perpetrou o crime de asasinato a Asunta por parte de dos seus pais Rosario Porto e Alfonso Basterra. Segundo unha información publicada por El Correo Gallego, a casa situada en Teo vendeuse por un prezo moito máis baixo do inicial (un millón de euros) e as actividades de desescombro xa comezaron.

Dende que sucedera o crime, a finca sufrira varias okupacións e un incendio no ano 2020 e varias inmobiliarias consultadas valoraban actualmente a propiedade entre os 100.000 e os 150.000 euros. Esta desvalorización se debía tamén a ser o escenario dun dos crimes máis mediáticos dos últimos anos en España e á situación de abandono que esta sufría actualmente, con acumulación de chatarra nas súas portas.

Acumulación de chatarra na casa de Montouto – Xornal de Compostela

A propiedade que pasara a ser de Rosario Porto tras a morte dos seus pais e que agora estaba en mans da súa herdeira, María Teresa Sampedro, coñecida como “A nena”, conta cunha extensión de 400 metros cadrados construídos nunha finca que alcanzaba os 10.000.

Despois do lanzamento da serie de Netflix El caso Asunta o foco mediático volvía recaer sobre o caso e todo o mundo se preguntaba que pasaba coa casa familiar. Apenas tres semanas máis tarde, o escenario dun dos crimes máis destacados da historia recente do noso país conseguiu un comprador.

A serie, que trata sobre o crime real acontecido en Compostela no ano 2013, foi rodada na súa meirande parte na cidade. Durante o pasado verán, o equipo da rodaxe chegou a Santiago e cortou o tráfico de varios dos puntos neurálxicos dos feitos para representalos e levalos á pantalla.

A produción, utilizou os sitios reais dos feitos e revolucionou a cidade recordando o sucedido hai xa máis de dez anos. Dentro do centro e do Ensanche da cidade, destaca o número 31 da rúa Doutor Teixeiro, o piso familiar onde vivían Asunta e a súa nai Rosario Porto, vítima e asasina. Este portal, situado ao lado dun taller mecánico, xa é coñecido por todo o mundo e trae lembranzas das aglomeracións de prensa que se sucederon nas semanas seguintes ao asasinato.

Piso de Rosario Porto onde vivía Asunta – Xornal de Compostela

No número 8 da Rúa República Arxentina era onde vivía Alfonso Basterra, o pai da nena, e onde a familia comeu o último día da vida de Asunta. O equipo de rodaxe trasladouse a esa rúa para gravar diversas escenas nas que se ve ao actor que interpreta a Alfonso, Tristán Ulloa, entrando na casa antes e despois do arresto.

Piso de Alfonso Basterra – Xornal de Compostela

Na esquina que separa as dúas vivendas atopábase un coñecido banco, cuxas cámaras foron as que gravaron a Asunta por última vez camiñando pola rúa e converteuse noutro dos escenario da produción de Netflix.

Esquina que separa os dous pisos – Xornal de Compostela

Nese mesmo triángulo, na rúa do Hórreo, aparece a Farmacia Melgar y López na que Alfonso Basterra comprara en repetidas ocasións as caixas e Orfidal coas que drogou á súa filla durante meses.

Farmacia das compras de Orfidal – Xornal de Compostela

O equipo da rodaxe tamén se trasladou ata a Praza da Quintana para recrear a xa coñecida imaxe da entrevista que fixera a familia para falar sobre a adopción de Asunta, que fora a primeira adopción dunha nena chinesa en Galiza.

Praza da Quintana – Xornal de Compostela

Seguindo no centro de Santiago, outros escenarios representados foron a comisaría da Policía Nacional situada na avenida de Rodrigo del Padrón na que os país denunciaron a desaparición da nena nun primeiro momento e onde o equipo de rodaxe chegou a gravar no interior do edificio.

Comisaría da Policía Nacional – Xornal de Compostela

Preto do colexio no que estudaba Asunta, o Rosalía de Castro, na Alameda, representáronse dúas escenas nas que se ve o parque do centro da cidade e o quiosco que abriron exclusivamente para rodar esa escena, xa que na actualidade permanece pechado.

Quiosco no parque da Alameda – Xornal de Compostela

A Igrexa de República Arxentina onde se celebrou o funeral de Asunta foi utilizada polo equipo para rodar tanto os exteriores como os interiores das escenas nas que se ve a Alfonso Basterra (Tristán Ulloa) acudindo ao funeral da súa filla antes de ser arrestado.

Seguindo o percorrido que fixera Rosario Porto o día do suceso, a produción rodou a saída do coche familiar do garaxe dos avós situado na rúa Xeneral Pardiñas e tamén recrearon as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade da gasolineira Galuresa na avenida de Romero Donallo onde se vía a Rosario Porto e Asunta de camiño á casa familiar en Montouto.

Galuresa – Xornal de Compostela

A casa de Montouto, que agora xa se conseguiu vender, tamén foi un dos escenarios da serie, pero neste caso, a produción non gravou na casa real situada en Teo.

Estado actual da piscina da casa familiar en Montouto – Xornal de Compostela

Por último, as estradas de Teo e a pista onde apareceu o corpo da menor convertéronse no lugar onde se representou esta parte do acontecido e o equipo trasladouse ata o lugar onde agora se atopa un altar en memoria de Asunta.

Altar en memoria de Asunta no lugar onde apareceu o corpo – Xornal de Compostela

Os implicados na rodaxe, como a actriz Candela Peña, quen interpretou a Rosario Porto, afirman que os meses de producción foron duros e estiveron cheos de recriminacións por parte dos veciños da zona. Recibiron gritos e insultos por estar revivindo o suceso.

Deixando a un lado a rodaxe, cabe destacar o idioma da produción. Aínda que a serie estea rodada en castelán, existen certas escenas que introducen frases feitas e refráns galegos que chaman a atención. Deste xeito, a serie esta en Netflix, dobrada a nove idiomas: portugués, inglés, italiano, francés, checho, húngaro, alemán, polaco e turco. O éxito da serie traspasa fronteiras e pon no foco internacional a cidade de Santiago e o idioma galego a pesar de eses refráns estar traducidos, excepto na versión en castelán que se manteñen en galego.

Algunhas das frases feitas que destacan ao longo dos seis capítulos son:

  • “Quen ten cu, ten medo”: traducida ao inglés como “Everyone is afraid of something” e que significa que todo o mundo ten medo nalgún momento da súa vida.
  • “Fillos criados, traballos dobrados”: traducida ao inglés como “The bigger the kid, the bigger the problem” e que significa que as preocupacións polos fillos aumentan cando son maiores.
  • “Mala herba nunca morre”: traducida ao inglés como “The devil looks after his own” e que significa que as persoas malas nunca cambiarán.
  • “A fume de carozo”: traducida ao inglés como “Look at him run” e que significa ir moi rápido.
  • “A todos os porcos lles chega o seu San Martiño”: traducida ao inglés como “Every pig goes to slaughter” e que significa que se alguén fixo algo malo recibirá o seu castigo tarde ou cedo. Esta frase fai referencia á matanza do porco que se realiza o día de San Martiño.

Por último, o recente éxito da serie que recrea o caso, trae á lembranza de todos a carta que escribira Alfonso Basterra, o pai e acusado de asasinato, ao creador da anterior docuserie, Lo que la verdad esconde, e da actual serie de Netflix, Ramón Campos. Nesa carta, Basterra pedía perdón polas súas ameazas cara ao xuíz instructor e todos os implicados na súa acusación e afirmaba ter plans de desaparecer e buscar a liberdade unha vez saído do cárcere tras comprender que o perdón era a única opción.

Aquí podes ler a carta completa de Alfonso Basterra a Ramón Campos:

Estimado señor Campos,

En cartas anteriores le he transmitido la rabia y la ira que lleva destrozándome y devorándome desde hace tres años. Rabia e ira hacia el juez instructor, hacia el fiscal, los abogados de la acusación particular, los medios de comunicación y, muy particularmente, hacia la persona que acabó con la vida de mi niña.

Pero estos sentimientos me llevarían indefectiblemente hacia la locura y la autodestrucción, y eso es algo que no puedo ni debo tolerar, porque abandonaría la esencia de mi yo, del que algo aún queda y acabaría derrotado por fuerzas ajenas a mí.

De modo que tras mucho pensar, he entendido que el perdón es mi camino. La única forma posible de mantenerme en mi camino y sortear este gran reto que el destino me ha puesto.

Puede que no se lo crea, pero después de muchas horas de meditación considero que este nuevo rumbo es, además del acertado, el definitivo. No puedo volver a caer en episodios de cólera como los que he vivido. Es más, he llegado a la convicción de que todos ellos actuaron bajo un signo profesional del que estaban convencidos y con arreglo a la más pura de las éticas. Equivocados totalmente, pero sin saltarse la ley y sin ánimo alguno de condenar por condenar.

Se sorprenderá, pero cuando dentro de seis años, como mínimo, tenga el tercer grado en lugar de asesinar a los citados, como en tantas ocasiones imaginé, lo que realmente deseo es sentarme en una cafetería con ellos y debatir, si lo desean, lo que fue aquel juicio.

Pero lo que nunca haré será exigirles perdón, todo lo contrario, seré yo quién les ofrezca mis disculpas por tan terribles pensamientos surgidos de una locura inimaginable que no deseo a nadie. Y por la misma razón haré lo propio con el asesino o asesina de mi niña, porque ahora sí, estoy convencido de que su acción fue fruto de esa locura, ya que nadie en pleno uso de sus facultades mentales cometería una monstruosidad como esa.

Para terminar le haré una confesión: cuando recupere mi libertad, tengo el firme propósito de desaparecer, nadie volverá a saber de mí, ni tan siquiera Rosario Porto.

Solo tengo una razón para seguir con vida, que no es otra que volver a ser un hombre libre y reunirme con mi niña, nunca antes. De hecho ya tengo pensado el cómo y el dónde, tan solo me falta el cuándo, pero todo llega.

Mi verdadera condena no es la prisión, señor Campos, sino no haberla podido socorrer cuando más me necesitó. Eso es algo que nunca me podré perdonar. Así que cuando conozcan mi fallecimiento le ruego que descorche una botella de cava y brinde con los suyos, solo en ese momento comprenderá que he recuperado mi felicidad. Mi niña me necesita y yo a ella.

Neste escenario de exaltación pola nova serie segue a saír información sobre o caso e os implicados. A excompañeira de celda de Rosario Porto, María, afirmou recentemente a medios que esta tiña unha foto do xuíz instrutor no seu cuarto cunha frase escrita que dicía: “No dejes que la verdad te arruine una bonita historia”.

ÚLTIMAS

O Refuxio de Bando, unha segunda oportunidade para os animais abandonados

Nos outeiros ondulados de Galicia, atópase un refuxio de esperanza e compaixón para aqueles...

(VÍDEO) Sabías que existe un Netflix con contido 100% en galego?

Para todos aqueles que buscan contido en galego pero non saben onde atopalo, Xornal...

‘Cultura no Camiño’ enche de arte os municipios galegos durante o verán

A partir deste sábado, e ata o 31 de agosto, o programa 'Cultura no...

Santiago activa un dispositivo de prevención de inundacións ante a previsión de fortes choivas

O Concello de Santiago activou un dispositivo de prevención de inundacións en varios puntos...

Falece un motorista en Teo ao saír da vía tras adiantar a un turismo

Un motorista faleceu na mañá deste martes no municipio coruñés de Teo despois de sufrir unha saída...

Un profesor do IES Cacheiras recibe o premio Innovación Educativa polo proxecto ‘Aturuxo Films. Imaxinando músicas’

O sector de Ensino de UXT-Servizos Públicos fará entrega este martes, ás 11,30 horas,...

Un home é evacuado en helicóptero tras sufrir unha caída en Teo

Un accidente ocorrido hoxe en Teo resultou na evacuación en helicóptero dun home que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here