InicioSOCIEDADERueda defende unha avaliación “rigorosa” da planta de Cacheiras ante o temor...

Rueda defende unha avaliación “rigorosa” da planta de Cacheiras ante o temor veciñal: “É unha bomba absoluta”

Medio Ambiente asegura que o proxecto de valorización de residuos superou a avaliación ambiental sen recibir alegacións, mentres o PSdeG advirte do seu impacto sobre a veciñanza de Teo

Publicado o

Xornal de Compostela

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría, afirmou respectar as “inquietudes veciñais” polo proxecto de implantación dunha planta de valorización de residuos de construción e demolición en Cacheiras, no concello coruñés de Teo, pero destacou que a Xunta realizou ata o momento unha avaliación “rigorosa”.

Na comisión parlamentaria, Echevarría respondeu a unha pregunta sobre este asunto formulada polo deputado do PSdeG Aitor Bouza, quen constatou que os veciños “tiveron que agruparse” para amosar o seu rexeitamento á localización do proxecto e que “vivían moito mellor sen a planta e sen ter que estar reivindicando algo que a Xunta tiña que garantir”.

“Esa planta é unha bomba absoluta nese lugar para todos eses veciños”, advertiu. Pola súa banda, a directora xeral lembrou as distintas fases da tramitación, desde a entrada do expediente o 17 de abril de 2024 ata a resolución favorable do informe de impacto ambiental a finais do pasado ano. “Foi avaliado ambientalmente seguindo rigorosamente a normativa, sen que se recibise alegación ningunha por parte da cidadanía”, subliñou.

Agora, segundo explicou Echevarría, pedíuselle documentación á empresa, que está a ser analizada polos servizos técnicos correspondentes. En paralelo, e ante a “preocupación e mobilización” dos veciños, representantes da veciñanza foron recibidos o pasado 24 de abril na Consellería de Medio Ambiente, onde se lles explicaron os mecanismos de participación dispoñibles.

En consecuencia, segundo dixo, na actualidade estase a requirir aos veciños que solicitaron ser considerados parte interesada que acrediten esa condición. Este recoñecemento daríalles acceso ao expediente, a posibilidade de presentar alegacións e achegar documentación, así como o dereito a recibir notificacións sobre o procedemento“Nese punto nos atopamos”, concluíu a responsable autonómica.

RIBEIRA, OLEIROS E OURENSE

Por outra banda, a mesma comisión abordou outros asuntos de carácter local, como as obras de reforma e humanización da estrada AC-305, no tramo que discorre por Palmeira, no concello coruñés de Ribeira. A directora da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), María Deza, respondeu sobre as previsións para a súa finalización. O atraso acumulado —cun cambio de empresa polo medio— suporá, segundo explicou, “que os traballos non se poidan rematar ata o outono deste ano”, concretamente ata novembro.

A deputada nacionalista Iria Taibo interesouse pola calidade das augas da praia do Porto de Santa Cruz, en Oleiros, e pediu ao director xeral de Augas, Roi Fernández Añón, medidas “para facer cumprir ao Concello coas obrigas que parece que non está a cumprir”, en relación coa contaminación. Pola súa banda, o deputado popular Argimiro Marnotes valorou as actuacións da Xunta en materia de mobilidade en Ourense, nunha iniciativa que a propia Deza cualificou de “importante aposta pola cidade”.

ÚLTIMAS

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

O PP rexeita reiniciar a avaliación ambiental da planta de residuos de Cacheiras e lembra que aínda poden presentarse alegacións

O debate arredor do proxecto para a implantación dunha planta de residuos en Cacheiras,...

Pedro Blanco reivindica en Teo o peso estratéxico do audiovisual galego e destaca máis de 11 millóns en axudas estatais ao sector

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, puxo este martes en Teo o...

Veciños de Cacheiras saen á rúa contra a planta de residuos e alertan do perigo do tráfico pesado

Decenas de veciños participaron este sábado na andaina reivindicativa convocada pola Plataforma STOP Planta...