InicioMOV. SOCIAISMáis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

A mobilización, convocada por Xuntanza Pola Vivenda, percorreu Compostela baixo o lema "Nin alugueiros polas nubes, nin salarios polo chan"

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis dun milleiro de persoas saíron este sábado ás rúas de Santiago de Compostela para reclamar solucións fronte á crise habitacional e defender o dereito á vivenda. A protesta, convocada polo colectivo compostelán Xuntanza Pola Vivenda, desenvolveuse baixo o lema ‘Nin alugueiros polas nubes, nin salarios polo chan’ e coincidiu con mobilizacións noutras cidades galegas.

Durante a marcha puidéronse escoitar consignas como “Barrios para vivir, non para especular” e “A nosa casa non é un negocio”, coas que as persoas participantes denunciaron o incremento dos prezos do alugueiro e as dificultades de acceso a unha vivenda en condicións asumibles. A manifestación en Compostela celebrouse en coordinación con organizacións doutras localidades. Na Coruña, outra protesta percorreu as rúas este sábado á mesma hora, mentres que en Ourense estaba prevista unha mobilización a partir das 20:00. Vigo xa acollera unha protesta na tarde do venres.

O portavoz da plataforma convocante, Daniel González, advertiu de que o problema non se limita ao encarecemento dos prezos. “Non só os alugueiros están subindo estratosfericamente, senón que a calidade de vida está reducíndose enormemente, especialmente para algúns sectores da poboación, como as persoas migrantes ou a mocidade”, sinalou durante a mobilización.

Dende Xuntanza Pola Vivenda defenderon a necesidade de reforzar a organización veciñal para facer fronte á situación actual. O colectivo propón que sexan as propias veciñas as que se agrupen en sindicatos de barrio e asembleas veciñais, co obxectivo de avanzar cara á “desmercantilización do mercado da vivenda”. González afirmou que, ao seu xuízo, ese obxectivo só se pode acadar “a través da constitución do poder popular”.

Ao longo da marcha, integrantes do colectivo tamén repartiron información entre as persoas que se atopaban ao paso da manifestación. Nun folleto difundido durante a protesta recollíanse algúns dereitos básicos das persoas que viven de alugueiro, como a duración mínima de cinco anos dos contratos ou a existencia de prórrogas anuais posteriores.

ÚLTIMAS

Santiago deberá acudir ao fondo estatal de pago a provedores con 7,79 millóns de euros financiables

O Concello de Santiago de Compostela terá que participar de maneira obrigatoria no fondo...

As xornadas ‘Arte e Espolio’ analizan en Santiago a recuperación das estatuas do Mestre Mateo no marco europeo do espolio artístico

As xornadas 'Arte e Espolio', organizadas polo Concello de Santiago, comezaron este sábado coa...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

A campaña ’12 Comercios, 12 Sensibilidades’ dedica xuño á saúde oncolóxica e aos coidados coa colaboración de D’Aldea e Abeiratúa

A campaña '12 Comercios, 12 Sensibilidades' dedicará o mes de xuño a visibilizar o...

Traballadores de escolas infantís e centros de discapacidade colapsan San Caetano contra a precariedade laboral

O conflito laboral nos sectores da discapacidade, da atención a menores e da educación...

Unha caravana reivindicativa percorre Santiago para reclamar melloras laborais nos sectores da discapacidade, menores e educación infantil

Ao redor de 40 vehículos participaron este martes en Santiago de Compostela nunha caravana...