InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión recupera os conxuntos fonte-lavadoiro de Boaventura e Alqueidón

O Concello de Brión recupera os conxuntos fonte-lavadoiro de Boaventura e Alqueidón

As obras, financiadas pola Xunta de Galicia, buscan preservar o patrimonio etnográfico local e mellorar a integración paisaxística

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión culminou recentemente a recuperación de dous importantes elementos do seu patrimonio histórico e etnográfico: os conxuntos fonte-lavadoiro de Boaventura e do Alqueidón. Estas actuacións foron posibles grazas a unha subvención do Instituto Galego de Estudos do Territorio, cun investimento total próximo aos 25.000 euros.

O alcalde de Brión, Pablo Lago, subliñou que estas intervencións forman parte dunha estratexia para “recuperar o noso patrimonio municipal e corrixir os impactos paisaxísticos causados por obras inadecuadas”. Nos dous casos, as reformas centráronse en substituír materiais inapropiados por outros máis acordes coa contorna.

No conxunto de Boaventura, as obras consistiron en eliminar o formigón presente e substituílo por placas de granito que harmonizan mellor co conxunto. Ademais, melloráronse os accesos ao lavadoiro, creando unha escaleira de pedra e pavimentando a contorna con lousas.

No caso do Alqueidón, o traballo centrouse en mellorar os muros de pedra, rexuntando con pigmentos naturais para respectar a estética tradicional. A cuberta foi limpa e pintada, preservando a cruz de pedra de valor histórico situada sobre ela. Finalmente, substituíuse parte do asfalto por pavimento de lousas de pedra.

Estas actuacións permiten non só recuperar e preservar o patrimonio local, senón tamén integralo mellor na paisaxe, enriquecendo a experiencia dos veciños e visitantes.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza dúas pancartas contra a mina de Touro e a guerra en Gaza na Alameda

Por iniciativa da Plataforma veciñal de Mina Touro-O Pino NON e coa autorización Concello...

O Concello prevé reabrir a vindeira semana a rúa do Pombal tras completar as obras

A rúa do Pombal, pechada ao tráfico dende xuño de 2024 por mor das...

(AXENDA): opcións para facer en Santiago ata o 14 de abril

Do deporte urbano á escena galega máis actual, pasando polas festas de barrio e...

O Goberno central confirma o remate inminente da Estación Intermodal de Santiago, que levará o nome de Castelao

A Estación Intermodal de Santiago de Compostela atópase na recta final da súa construción...

O Club de Patinaxe Artística Brión logra dúas clasificacións para o Campionato de España

O Club de Patinaxe Artística Brión acadou un destacado éxito no Campionato Galego de...

Brión celebra a tradicional ofrenda floral a Rosalía de Castro en Bastavales

A Igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales acolleu esta fin de semana a...

Nace a Asociación Veciñal Pego-Sar para impulsar a vida comunitaria en Brión

Un grupo de corenta persoas constituíu oficialmente a Asociación Veciñal Pego-Sar tras unha asemblea...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here