InicioSANTIAGOBRIÓNBrión e a Deputación da Coruña avanzan na planificación dunha senda peonil...

Brión e a Deputación da Coruña avanzan na planificación dunha senda peonil en Mourentáns

O ente provincial comprométese a presentar en marzo o borrador do proxecto da actuación na DP-1302 Negreira-Urdilde

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a deputada responsable de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais da Deputación da Coruña, Mónica Rodríguez Ordóñez, mantiveron unha reunión no municipio para avanzar na planificación da construción dunha senda peonil na DP-1302 Negreira-Urdilde, ao seu paso pola parroquia de Mourentáns. No encontro participaron tamén técnicos municipais e provinciais, que acordaron que o ente provincial presentará no mes de marzo o borrador do proxecto desta actuación, co obxectivo de que poida licitarse e iniciar as obras no menor prazo posible.

Durante a xuntanza confirmouse que o Concello de Brión dispón xa dos terreos necesarios para executar a obra, logo das cesións realizadas polas persoas propietarias ao longo dos últimos meses. O rexedor destacou que se trata dun tramo cun tráfico intenso e cunha falta case total de beiravías, unha situación que, segundo explicou, xa puido comprobar a deputada nunha visita anterior á zona. Nese sentido, agradeceu publicamente a colaboración da veciñanza pola súa disposición a facilitar os terreos precisos para a intervención.

A actuación prevista contempla a execución de beirarrúas ao longo de 950 metros, entre os puntos quilométricos 3+215 e 4+074 da DP-1302, no treito que atravesa a aldea de Mourentáns. O acordo foi avalado polo equipo técnico da Deputación da Coruña, que será o encargado de redactar o proxecto técnico da obra.

Segundo o calendario manexado, nas próximas semanas celebrarase unha nova reunión entre ambas administracións, na que se presentará o borrador do proxecto e se dará a coñecer o orzamento necesario para o seu desenvolvemento. Unha vez completados estes pasos, será a Deputación Provincial quen asuma a redacción definitiva do proxecto e a licitación das obras.

O alcalde de Brión subliñou que se trata dunha actuación longamente demandada, xa que, segundo indicou, o Concello vén reclamando esta intervención desde o ano 2021. Nese contexto, expresou o seu desexo de que o proceso avance definitivamente e trasladou unha mensaxe de desculpa á veciñanza de Mourentáns polo tempo de espera acumulado.

OUTRAS DEMANDAS NA DP-1301

No transcurso da reunión, Pablo Lago tamén trasladou á deputada provincial a necesidade de acometer outras actuacións pendentes na DP-1301 A Gándara-Amañecida, solicitadas en abril de 2024. A primeira delas refírese ao remate das obras de ancheamento no tramo comprendido entre A Luaña e Nináns, un sector que quedou pendente entre dous tramos xa ampliados nos últimos anos.

A segunda petición céntrase na mellora da seguridade viaria entre Liñares e Gronzo, un tramo caracterizado polo seu estreitamento, a presenza de curvas e un elevado volume de tráfico. O alcalde explicou que se trata dunha demanda vinculada á ampliación da ponte de Liñares e que considera necesaria para mellorar a convivencia viaria nun núcleo en crecemento como Gronzo.

A Deputación da Coruña xa realizara unha actuación nesta estrada no ano 2020, cun investimento próximo aos 115.000 euros, destinada á mellora do trazado entre os puntos quilométricos 0,047 e 0,377 da DP-1301. Esa intervención incluíu a ampliación dunha ponte sobre o río Viceso, permitindo unha conexión máis segura co núcleo de Os Ánxeles, onde se concentran servizos e equipamentos básicos do municipio.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

Sanmartín reclama á Xunta que transfira a Santiago os fondos estatais destinados ás zonas tensionadas

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reclamou este venres que os fondos que o...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here