InicioSANTIAGOBRIÓNO Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

O Concello de Brión organiza un obradoiro de primeiros auxilios na infancia

A formación gratuíta celebrarase o 9 de febreiro no centro social polivalente e abordará actuacións básicas ante emerxencias con menores

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa un novo obradoiro de primeiros auxilios na infancia dirixido á veciñanza do municipio. A actividade permitirá que ata 30 persoas adquiran coñecementos básicos e resolvan dúbidas sobre como actuar ante situacións de emerxencia que afecten a menores.

O curso desenvolverase o 9 de febreiro, en horario de 16:00 a 20:00, no centro social polivalente de Brión. A participación será de balde, aínda que require inscrición previa a través da web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns.

A sesión será impartida por Carlos Prados Sande, diplomado universitario en Enfermería e profesional da FPUS 061 Galicia, quen explicará os procedementos básicos de actuación ante feridas, hemorraxias, reaccións alérxicas, queimaduras, convulsións e crises epilépticas. O programa inclúe tamén a aprendizaxe de técnicas elementais de reanimación cardiopulmonar (RCP) e manobras para previr atragoamentos, con especial atención aos casos que poden darse na infancia.

A concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, sinala que a organización deste obradoiro responde á boa acollida doutras accións formativas previas no municipio. Segundo explicou, “este curso xorde despois do éxito acadado o pasado mes de outubro coa formación de reanimación cardiopulmonar, pois é moi importante que todas as persoas aprendamos técnicas de primeiros auxilios para saber como actuar diante de determinadas situacións xa que iso pode axudar a salvar moitas vidas”.

ÚLTIMAS

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Unha saída de vía na AP-9 en Santiago obriga a cortar temporalmente un carril

Un accidente de tráfico rexistrado este martes na autoestrada AP-9, ao seu paso polo...

Verea comprométese a mellorar as condicións laborais do SAF de Santiago sen municipalizar o servizo

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse este martes a mellorar...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here