InicioSOCIEDADEMaite Flores destaca que "hai partido" entre as dúas candidaturas ao reitorado...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata pide á comunidade universitaria que acuda a votar e critica ao equipo de Rosa Crujeiras por “non querer responder” ás súas preguntas

Publicado o

Xornal de Compostela

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou este luns nun acto convocado pola propia universidade con motivo do 8M que “está partindo” na segunda volta das eleccións, despois da vitoria de Rosa Crujeiras na primeira votación. No último día de campaña electoral, Flores pediu á comunidade universitaria que participe na segunda volta e que “non deixe de ir votar nin vote en branco”, especialmente a aqueles que apoiaran algunha das candidaturas que quedaron fóra tras a primeira rolda.

A aspirante tamén criticou o equipo da súa rival, ao considerar que están “un pouco anestesiados” e por “non querer responder” ás preguntas que, segundo afirmou, formulan desde a súa candidatura. A pesar de recoñecer que “non sabe cal vai ser o resultado final”, mostrouse optimista sobre o desenlace da votación, e comparou a campaña cun partido no que confía en obter “un bo resultado”. Flores subliñou ademais que as propostas das dúas aspirantes á reitoría son “moi diferentes”, defendendo o seu proxecto para a universidade.

Levámolo ben, con enerxía e ilusión, agradecendo á xente que siga confiando en nós porque cada vez temos máis constancia de que a xente vai confiando en nós”, afirmou. Con todo, avanzou que seguirá intensificando a campaña ata as doce da noite, momento no que se pechará oficialmente o período electoral e dará comezo a xornada de reflexión previa ás votacións deste mércores.

ÚLTIMAS

O Concello reclama cambios no PIA de Lavacolla e cuestiona que permita estender o uso comercial por todo o parque empresarial

O Concello de Santiago presentou alegacións ao proxecto de interese autonómico (PIA) do parque...

A USC asegura o Colexio Maior San Clemente tras desprenderse parte da cornixa e da cuberta

A Universidade de Santiago de Compostela iniciou actuacións de urxencia no Colexio Maior San Clemente,...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A USC crea o programa Fénix para recuperar investigadores Ramón y Cajal perdidos por un erro na convocatoria

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu o visto...

A xuíza de Angrois apoia o indulto total da pena de prisión ao maquinista do Alvia

A maxistrada encargada da execución da sentenza polo accidente ferroviario de Angrois de xullo...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...