InicioSANTIAGOBRIÓNBrión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da...

Brión pide tamén reducir o consumo de auga ante o aumento da demanda e a situación de seca

O Concello recomenda suspender temporalmente o rego, o enchido de piscinas, o lavado de vehículos e outros usos non esenciais para garantir o abastecemento

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Brión fixo un chamamento á colaboración da veciñanza para limitar o consumo de auga potable ante o incremento da demanda rexistrado nos últimos días e a actual situación de seca. A Administración local busca así preservar as reservas dispoñibles e asegurar a normalidade do abastecemento en todo o municipio durante este período de altas temperaturas.

Segundo explica o Concello, nas últimas xornadas detectouse un aumento significativo do consumo, relacionado especialmente con actividades como o rego de xardíns e zonas verdes, o enchido de piscinas e outros usos que non resultan imprescindibles. A situación coincide ademais co escenario de seca sobre o que xa advertiu Augas de Galicia.

As previsións meteorolóxicas para estes días, con temperaturas elevadas, poden incrementar aínda máis a demanda. Por este motivo, o Goberno municipal lembra que a auga é un recurso limitado que debe reservarse prioritariamente para os usos básicos e necesarios.

As recomendacións permanecerán vixentes ata novo aviso. Entre as principais medidas solicitadas á cidadanía figura evitar o rego de xardíns, hortas, céspedes e demais espazos verdes, así como non encher piscinas mentres persista esta situación.

O Concello tamén pide deixar para máis adiante o lavado de vehículos e evitar empregar auga procedente da rede municipal para a limpeza de beirarrúas, patios, fachadas ou outros espazos exteriores. A petición esténdese a calquera actividade non esencial que implique un consumo elevado de auga potable.

Estas indicacións teñen carácter preventivo e pretenden conseguir unha redución significativa da demanda antes de que sexa necesario aplicar limitacións de maior alcance. O Concello insiste, neste sentido, na importancia da responsabilidade individual para manter o servizo con normalidade para o conxunto da poboación.

A Administración municipal mantén contacto permanente con Espina e Delfín, empresa concesionaria do servizo no municipio, para realizar un seguimento diario da evolución do consumo e da situación do abastecemento.

O Concello advirte de que, no caso de que as recomendacións non permitan reducir suficientemente o gasto de auga, poderían adoptarse medidas máis restritivas co obxectivo de garantir o subministro á totalidade da veciñanza.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda reúne decenas de persoas no Obradoiro para decidir novas mobilizacións

Decenas de persoas participaron na tarde deste martes nunha asemblea convocada polo Sindicato de...

O Sindicato de Vivenda de Compostela ve insuficientes os decretos do Goberno e mantén as mobilizacións

O Sindicato de Vivenda de Compostela considera insuficientes os dous reais decretos aprobados este...

A CIG denuncia a agresión a unha condutora do bus urbano de Santiago e acusa a Monbus de obrigala a continuar o servizo

A CIG denunciou unha suposta agresión a unha condutora do transporte urbano de Santiago...

Vox denuncia a Goretti Sanmartín e á subdelegada do Goberno polos incidentes no seu acto de Santa Marta

Vox anunciou este martes a presentación dunha denuncia penal contra a alcaldesa de Santiago,...

Brión abre ao público unha mostra con 33 obras doadas en homenaxe a Xosé Vizoso

O Concello de Brión inaugurou na noite deste venres unha exposición integrada por 33...

Rueda avanza que a conversión en autovía do corredor Brión-Noia entrará en servizo en 2027

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, supervisou este martes o avance das obras de...

A investigación continúa para aclarar as circunstancias da morte da nena de dous anos esquecida nun coche en Brión

A investigación sobre o falecemento dunha nena de dous anos en Brión continúa aberta...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here